Santiago, 16 de decembro de 2009.- O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Manuel Ruiz Rivas, afirmou hoxe no Pleno do Parlamento que “hoxe se aproban uns orzamentos que confirman que o cambio necesario chegou a Galicia, malia 2que tiveron que elaborarse nas peores condicións posibles”. Unhas condicións que Ruiz Rivas enmarcou na herencia recibida polo actual Goberno da Xunta, “envelenada polo irrealismo co que o Bipartito planificaba e facía as contas e pola alegría coa que o mesmo Bipartito facía uso dos cartos de todos”, e pola actual conxuntura de crise económica e “o empecinamento do anterior Goberno en negar a súa existencia”.
O portavoz do Grupo Popular salientou que as contas baixan por primeira vez na historia por culpa do déficit de 600 millóns de euros entre as previsións de ingresos feitas polo Bipartito e a realidade, e os 1.300 millóns que Galicia ten que devolver ao Estado polos erros de planificación de Zapatero. “Por se todo isto foise pouco –engadiu- agora temos un dato máis, que é que Galicia percibirá 16,6 millóns de euros menos por unha nova mostra da política de quita e pon de Zapatero, que primeiro decidiu suprimir a dedución de 400 euros no IRPF, nunha nova iniciativa para castigar aos cidadáns pola súa desastrosa política económica e despois rectificou, o que afecta ao Fondo de Suficiencia e, polo tanto, ás Comunidades Autónomas, ás que non consultou”.
Vostedes, señores da oposición, gastaron dous mil millóns de euros que non tiñan e dos que estamos obrigados a devolver mil trescentos”, apuntou Ruiz Rivas, quen remarcou que o escenario “especialmente difícil” non impediu que nos orzamentos hoxe aprobados aumente o gasto social un 2 por cento ata acadar o 70 por cento e se manteña o investimento.
AUTERIDADE E COMPROMISO SOCIAL.- Para o Grupo Popular, os orzamentos da Comunidade Autónoma para 2010 consolidan “o novo modelo implantado polo Goberno de Alberto Núñez Feijóo”, baseado en “austeridade, compromiso social, menos impostos, máis investimento e loita eficaz contra a crise económica, a partir do realismo, o rigor, a racionalidade e a credibilidade”. Nese sentido, o portavoz parlamentario do PPdeG contrastou o modelo que reflicten estes orzamentos, “da seriedade, o rigor, a austeridade, a transparencia e a aposta por poñerse ao lado das familias” co do anterior Goberno, que mentres falaba dun “plus de resistencia galego”, na nosa comunidade “se perdían 50.000 empregos, desaparecían empresas galegas, aumentaban os impagos e se multiplicaban os EREs”.
Manuel Ruiz Rivas lembrou que o dos socialistas é un modelo “que empezou por negar unha crise que os cidadáns estaban xa a padecer e que, en cuestión de meses, se convertiu, en boca dos mesmos socialistas, na peor crise desde o ano 29”. Un modelo, engadiu, que levou ao anterior Goberno bipartito de Galicia “a falar dun crecemento do 1,5 por cento, mentres a realidade levaba a Galicia á recesión” e ao Goberno socialista do Estado “a subir os impostos mentres cada vez hai máis familias con todos os seus membros en paro”, así como “a falar de brotes verdes, despois de ter pasado pola Champion League e pola Liga das Estrelas, mentres brotan por doquier os informes dos organismos internacionais apuntando a España como o país que máis tardará en superar a recesión”. Un modelo, dixo, “que leva ao presidente Zapatero a anunciar a inminente saída da recesión, cando España lidera o ránking de paro na Unión Europea e o índice de miseria dos países desenvolvidos do contorno”.
MEDIDAS DE DINAMIZACIÓN DA ECONOMÍA E APOIO ÁS FAMILIAS.- “Señores, hoxe hai un novo modelo en Galicia, que parte do realismo, que non engana, porque Galicia non se pode permitir máis enganos”, resaltou o portavoz popular, quen situou o inicio desde modelo no propio inicio da actividade do Goberno de Núñez Feijóo, con medidas de dinamización da economía e apoio ás familias como o Plan de Austeridade na Administración, o Plan de Choque contra a crise económica, os 178 millóns de euros investidos para reducir o número de desempregados, o Plan Renove, o Plan de Banda Larga, o Plan acuícola, a Lei de Pesca, o Plan Eólico, o de Vivenda, o Plan Move de infraestruturas, as medidas de apoio ao sector lácteo, os 400 millóns destinados a financiar circulante para empresas e autónomos, a concesión de avais por valor de 150 millóns de euros para reactivar o tecido empresarial, a rebaixa no Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados, a anunciada rebaixa nas peaxes, a redución nas taxas portuarias, entre outras.
“Un cambio que empezou por substituír o derroche dos últimos catro anos por unha imprescindible política de austeridade: reducíronse un 47% os altos cargos da Administración, pasando de 125 a 59; un 30% o persoal de confianza; un 40% a publicidade; e, en definitiva, reducindo os `gastos Loctite´, que só perseguían unira o PSOE co BNG”, apuntou Ruiz Rivas, quen se amosou convencido de que a economía galega medrará en 2010 por riba da media estatal “porque nós cremos na potencialidade de Galicia para crear riqueza”.
POSTURA DA OPOSICIÓN: PERPETUAR OS ERROS.- Así mesmo, o portavoz do Grupo Popular lamentou que a postura da oposición no trámite parlamentario para a aprobación dos orzamentos teña sido a de “perpetuar os erros que cometeron cando foron Goberno”, pedindo primeiro a devollución do proxecto “sen ofrecer alternativa, porque non teñen ideas” e presentando despois “unha emendas fantasiosas, que o único que podían conseguir era voltar á altanería presupostaria, ao optimismo patolóxico, ao despilfarro e á ineficacia”.
“Para vostedes, somos pesimistas porque non facemos oídos xordos aos organismos internacionais e somos realistas na previsión de ingresos”, lamentou Ruiz Rivas, quen amosou a contradición que supón que os socialistas pediran “que fosemos máis optimistas e aumentaramos a previsión de ingresos”, case ao mesmo tempo en que “os socialistas do Goberno do Estado nos din que aínda imos recibir 16,6 millóns de euros menos”.