Santiago, 16 de decembro de 2009.- O Grupo Parlamentario Popular cualifica de “cando menos, curioso” o feito de que, no debate plenario que rematou esta mañá os grupos da oposición rexeitaron apoiar, co seu voto en contra ou coa súa abstención, os orzamentos de máis de medio cento de seccións ou organismos sen presentar emendas alternativas. O portavoz parlamentario do PPdeG, Manuel Ruiz Rivas, considera este feito unha confirmación de que PSOE e BNG “carecen de ideas” e utilizan o debate presupostario “unicamente como instrumento para intentar desgastar ao Goberno”. Algo que xa demostraron no debate de totalidade, ao pedir a devolución do proxecto sen presentar texto alternativo algún.
En concreto, a oposición votou en contra, sen presentar emendas, aos orzamentos correspondentes á Sección 22, de Débeda Pública, e os das seccións 2, do Consello de Contas, e 3, do Consello da Cultura Galega, contaron coa abstención do BNG.
En canto a organismos, ámbolos grupos de PSOE e BNG votaron en contra, tamén sen presentación de emendas, aos orzamentos do Instituto Galego de Saúde e Seguridade Laboral; da Axencia Galega de Emerxencias; do INEGA; do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (INTECMAR); da TVG; da RTVG; de RETEGAL; dos XESTUR da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra; de Galicia Calidade; do Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia; do XES Galicia; de SODIGA; de GALARIA e do Centro de Supercomputación de Galicia.
Así mesmo, tanto os socialistas como os nacionalistas votaron en contra, igualmente sen presentar alternativas, aos orzamentos das fundacións Semana Verde de Galicia; Feiras e Exposicións de Lugo; Fundación Centro de Supercoputación de Galicia; Feiras e Exposicións para o Desenvolvemento de Galicia; Fundación Instituto Feiral da Coruña; Fundación Exposicións e Congresos da Estrada; Fundación Centro Galego de Oftalmoloxía; Fundación Centro Galego de Artesanía e Deseño; Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS); Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia 061; Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia; Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; e Fundación Galega para o Impulso da Autonomía Persoal e atención ás persoas en situación de Dependencia.
OUTROS ORGANISMOS.- Ademais, o BNG votou en contra, igualmente sen presentar emendas, dos orzamentos do Instituto Galego de Estatística; nos do Centro Informático para a Xestión Tributaria Económico-Financeira; nos da Sociedade Pública Autoestrada Alto de Santo Domingo-Ourense; e nos dos consorcios Audiovisual de Galicia, de Estensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, do Instituto de Estudios turísticos de Galicia e Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e o Benestar. En todos eles, o PSOE se abstivo. O BNG votou tamén en contra dos correspondentes á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
Pola contra, contaron co voto en contra dos socialistas e a abstención dos nacionalistas, novamente sen ofrecer alternativas vía emendas, os orzamentos do Consello Galego de Relacións Laborais e da empresa pública de Servicios Agrarios Galegos (SEAGA).
Doutra banda, ámbolos dous grupos abstíveronse na votación dos orzamentos correspondentes ao Tribunal Galego de Defensa da Competencia; e do Instituto Galego de Calidade Alimentaria. O BNG se abstivo tamén, ademais, na votación dos orzamentos da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística; do Fondo Galego de Garantía Agraria, nos do Consello Económico e Social e nos de Xenética Fontao; da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural; da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne; e da Fundación Rof Codina.