Partido Popular de Lugo

CASTIÑEIRA OFRECE TRABALLO DURO E CERCANÍA AO FRONTE DA XUNTA LOCAL DE LUGO

Lugo, 16 de decembro de 2010.- O deputado autonómico Jaime Castiñeira  asumiu este fin de semana  a presidencia do comité local de Lugo cun reto claro: “traballar, traballar e traballar” para mellorar a situación da cidade e sacala do estancamento na que o sumiu o goberno de Orozco. O comité local é unha ferramenta “moi axeitada” para responder á idea de proximidade coa cidadanía.

Castiñeira presentou aos integrantes do comité executivo local  como un equipo de xente “optimista, emprendedora e con ilusión capaz de deseñar un futuro mellor para a nosa cidade”. Tamén subliñou que o relanzamento desta executiva non suporá o desmantelamento dos distritos que, segundo asegurou, será unha estructura que se vai a manter “porque demostrou sobradamente a súa eficacia” e será un complemento “perfecto” ó propio comité local.

A recuperar a alcaldía.- O Presidente do comité local tamén amosou o seu optimismo diante das próximas eleccións municipais. “Lugo  necesita un cambio e volver a recuperar a ilusión porque o proxecto de Orozco está esgotado”, puntualizou.

“Orozco incapaz de aportar proxectos novos para Lugo, e o que é peor, foi incapaz de rematar actuacións que deixaron gobernos do PP encamiñadas e incluso con financiamento sobre a mesa”. Castiñeira referíase ao caso do auditorio municipal, o plan paradai, polígono das Gándaras”. 

Do seu adversario político destacou a súa capacidade de á hora de apropiarse de proxectos doutros, criticando a súa  “dobre cara” e acusandoo de  “incumprer a palabra dada”.

Feijóo cumpre con Lugo.- Castiñeira non pasou por alto o apoio do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo con Lugo e como proba de que  “cumpre cos lucenses lembrou o Plan Impulsa que se vén de por en marcha e a bo ritmo das obras no polígono das Gándaras e do futuro Hospital da cidade das murallas”.