Lugo, 15 de decembro de 2009.- Ó Partido Popular “non lle sorprende” o anuncio realizado polo concelleiro non adscrito de Chantada Manuel Lorenzo Varela de que encabezará unha lista independente nas vindeiras eleccións municipais “a tenor das súa últimas actuacións e que non é máis que a manifestación doutra nova mostra de deslealdade pola súa parte”. Así o recoñeceu o Secretario xeral da formación en Lugo José Manuel Balseiro, aínda que lamentou a súa “personalísima” interpretación da democracia e do que a súa aplicación súpón.
“Unha vez que decidou presentarse coma independente, máis motivo hai para que devolva a acta de deputado provincial a quen lle corresponde, porque a partir de agora, por si quedaba algunha dúbida, está claro que na Deputación non vai a defender os intereses dos votantes do Partido Popular senón exclusivamente os que lle aporten algún proveito persoal de cara o seu futuro político”, engadiu.
Segundo explicou Balseiro, Varela non “asumiu nunca” os mandados que democráticamente estableceron tanto os votantes coma os propios afiliados do Partido Popular no municipio de Chantada. “Non asimilou nin a perda da Alcaldía nin a perda do congreso local e na vez de facer autocrítica, el mesmo asume que vai a por todas: cando os resultados lle conveñen, aceptaos; cando son contrarios os seus intereses persoais, entón dispara hacia todos lados nun intento desesperado por desentenderse das súas responsabilidades”.
Insistir en conservar “a toda costa” a súa acta de deputado provincial, cando os propios concelleiros ós que el “persoalmente” lles pediu que o respaldaran para ocupar ese posto lle dixeron claramente que xa non contaba coa súa confianza e que non podía, porque xa non está lexitimado para elo, nin representalos a eles nin ós votantes do Partido Popular no partido xudicial de Chantada é, ó entender de Balseiro, “usurpar a soberanía popular”. “35 concelleiros, o cen por cen dos representantes do PP nesta partido xudicial, lle pediron por escrito que devolva a súa acta”, recalcou.
“Aludir a posibles presións por parte da dirección provincial do partido sobre a decisión adoptada por todos os representantes democráticos cos que conta o Partido Popular nesta circunscripición é rastrero e supón unha falla de respeto total ós que noutro tempo foron os seus compañeiros, porque pretende poñer en dúbida a súa capacidade non só xa de decidir senón de defender os intereses do electorado ó que representan”, puntualizou o Secretario xeral dos populares lucenses.
MÚLTIPLES REUNIÓNS.- Asegurar ademais que a dirección provincial do Partido Popular non fixo nada por solucionar o conflicto existente en Chantada, xurdido ademais polo seu “exceso de ego”, é “clara e directamente mentir de xeito descarado”, aseverou Balseiro. De feito, segundo lembrou, mantívose prácticamente unha reunión mensual no último ano para abordar este asunto e, segundo matizou, “os únicos argumentos que esgrimiu Varela nelas facía referencia exclusivamente á defensa dos seus intereses persoais”.
“No Partido Popular de Lugo non hai lugar para as chantaxes, sí para o debate interno. Non hai espacio para os personalismos nin para aqueles que antopoñen o beneficio propio ó interese xeral. Efectivamente primeiro é o partido, que lóxicamente está integrado por pesoas, pero que se deben a un plantexamento común, como así establece o propio sistema democrático. Estase para defender o proxecto político e non para buscar beneficio persoal a costa do partido. Ninguén obriga a ninguén a concurrir a unhas eleccións baixo unhas determinadas siglas políticas. É un acto voluntario e eso conleva axustarse a unha serie de directrices. Non é lóxico que unha persoa se valia do paraguas e o respaldo que lle da unha formación política e despois, cando non lle convén, non asuma a debida disciplina do partido ”, apuntillou José Manuel Balseiro.