Partido Popular de Lugo

O comité executivo provincial do Partido Popular designou a Jaime Castiñeira novo voceiro do grupo municipal de Lugo

Lugo, a 14 de decembro de 2009.- O comité executivo provincial decidiu hoxe designar a Jaime Castiñeira como voceiro do Grupo municipal popular en Lugo.

Na xuntanza tamén nomearon a xunta xestora do Partido Popular en Foz que asumirá as rendas das formación ata que non se celebre o congreso local no que se elexirá a nova executiva. A xunta xestora estará integrada por 25 persoas. Os catro concelleiros, Pedro José Fernández, José Luis Sánchez, José María Basanta e Verísima Eiroá, xunto con Ramón Fernández, Juan Carlos Paeo, José Saa, Angel Cao, Mayte Rego, Lidia Rodríguez, Eliseo Fernández, Cristina Fraga, José Blanco, José Rodríguez, Antonio García, José Manuel Martínez, Rebeca Neira, José Pérez, José Soto, María Dolores Fernández, Normando Leivas, Martín Couto, José Rodríguez, Ramón Martínez e Pablo Fernández. 

O Presidente provincial tamén deu conta dos congresos locais celebrados esta pasada fin de semana en Lugo e Viveiro. Barreiro valorou moi positivamente ambos encontros, salientando que con eles cómprese o dobre obxectivo que dende o primeiro momento se fixou a dirección provincial de reforzar o organigrama das agrupacións locais e promover a súa renovación en aras de favorecer o debate interno, tanto para fixar o programa e a estratexia a seguir no futuro como para enriquecer o propio proxecto político que defende o Partido Popular.

José Manuel Barreiro fixo unha mención especial ó caso de Lugo, dado que este municipio levaba máis de vinte anos sen contar con executiva local. Adiantou asimesmo as xuntas locais que se renovarán próximamente. A primeira será a de O Incio, o vindeiro 21 de decembro e, o día seguinte, a deTaboada, ás que seguirán, aínda que xa no mes de xaneiro, as de O Valadouro, Triacastela e Trabada.

Barreiro tamén informou da carta remitida polos 35 concelleiros do PP no partido xudicial de Chantada a Manuel Lorenzo Varela na que o instan a que reconsidere a súa postura de privar a esta formación política da representación democrática que as urnas lle otorgaron na Deputación de Lugo e que, polo tanto, devolva a súa acta de deputado provincial ó Partido Popular.

Entre outros asuntos e actividades desenvolvidas polo partido dende a última reunión do comité executivo provincial do pasado 9 de novembro, o Presidente provincial tamén deu conta ó resto da executiva dos asuntos abordados nos dous comités de dirección celebrados dende a súa toma de posesión e anunciou que a próxima xuntanza, seguindo a súa periodicidade quincenal, será convocada para o vindeiro día 28, ás 17:30 horas.