Viveiro, a 13 de decembro de 2009.- César Aja Mariño foi reelexido hoxe por unanimidade coma Presidente do Partido Popular de Viveiro. A súa candidatura acadou 142 dos 147 votos emitidos, o que supón o 96,59 por cento. Houbo catro votos en branco e un nulo. Participaron no congreso local preto do 80 por cento dos 180 afiliados con dereito a facelo.
Na súa executiva acompáñano Antonio Bouza, Inés Castro, Roberto Castiñeiras, María Díaz, Laura Díaz, Isidro Fernández, David Galdo, Celestino García, Joaquín Gayoso, Agustín Iglesias, Javier Illán, Verónica Mantilla, Carlos Martínez, Cándida Méndez, Mª Rita Míguez, Domingo Néstor Otero, Marta Pérez, Juan L. Soto e Justo V. Vázquez. Como membros natos forman parte dela tamén a senadora Mª del Carmen Gueimunde, Vicente Vázquez en representación de Novas Xeracións e Guillermo Leal na súacalidade de voceiro do grupo municipal. A proposta do presidente, súmanse Valentín Mera, Eva Novo, Jesús Pernas, Noé Pico e Helena E. Del Valle. Son secretarios de área José María Costa, José Vicente Prieto, José Francisco Regueira e Antonio Rivera.
No congreso participaron o Presidente provincial José Manuel Barreiro; o Secretario xeral da formación José Manuel Balseiro e os alcaldes de Cervo, Xove, O Vicedo e Ourol, entre outros.