Partido Popular de Lugo

Castiñeira asume a presidencia da xunta local de Lugo ofrecendo traballo duro e cercanía

 

Lugo, 12 de decembro de 2009.- Jaime Castiñeira recibiu o respaldo do 96,96 % dos 231 compromisarios que participaron, esta mañá, na elección do Presidente do comité local de Lugo (dos votos emitidos, 224 foron a favor, houbo 6 bracos e un nulo). O novo Presidente agradeceu o apoio recibido  “este acto non é un simple trámite, ao contrario, é unha xornada decisiva para todos porque acabamos de dar un paso máis para recuperar a alcaldía de Lugo e para contribuir, xunto co PP provincial, á recobrar á Deputación”.

Durante a súa intervención, Jaime Castiñeira dixo asumir  a presidencia do comité local no concello de Lugo cun reto claro: “traballar e traballar” para mellorar a situación da cidade e sacala do estancamento na que a sumiu o goberno de Orozco. “Comprométome a traballar duro, as ganas non van faltar, este é o meu primeiro compromiso público.  O traballo non me asusta …” puntualizou.

Comité local  do concello de  Lugo.- Castiñeira presentou aos integrantes do comité executivo local  como un equipo de xente “optimista, emprendedora e con ilusión capaz de deseñar un futuro mellor para a nosa cidade”.

A media de idade do equipo é de 41 anos. Trátase dun grupo representativo da sociedade lucense no que se inclúen sectores tan diversos coma educación, a empresa, o rural e  profesionais liberais. 

ORGANIGRAMA COMITÉ EXECUTIVO LOCAL.-

Presidente do comité executivo Local
Jaime Castiñeira Broz

Vicepresidente
Joaquín García Díez

Consello consultivo (ex alcaldes do concello)
Tomás Notario Vacas, Vicente Quiroga Rodríguez

Secretaria xeral: Lourdes Yánez García

Secretaría senior coordinada por Luis Pérez Vila

Secretaría de Novas Tecnoloxías coordinada por Ignacio Somoza Vila

Secretaría de turismo coordinada por Paloma Vázquez Fernández

Vocais comité executivo

1.    José Angel Cruzado Iglesias
2.    Ana María Real Fernández
3.    Raquel Castiñeira Castelo
4.    Manuel Antonio Fernández Piñeiro
5.    Aurora Carro González

6.    Pablo Flórez Rodríguez
7.    Isabel Ferreiro Rodríguez
8.    Juan Castro Gil
9.    Jesús Fandiño Sánchez
10.    Felipe López Rodríguez
11.    Alicia Rebolo Rivas
12.    Angel Trabada Gómez
13.    Lorenzo García González
14.    José Alberto Díez de Castro
15.    Ana María Cadórniga Varela
16.    Carmen López Mosquera
17.    José Núñez Beloy

Como vocais zona rural

18.    José Manuel Cancela Abuín
19.    José Luis Castro Rodríguez
20.    Jesús González Fernandez
21.    Manuel Rodríguez Arias

Por designación directa do Presidente:

         María Asunción Núñez Magdalena
         Roberto Lucas Cabanas
         Javier Ruiz de Almirón
         Sonia López Rubinos
         Javier Neira López

A proposta do Presidente serán tamén membros da executiva local os concelleiros da corporación de Lugo que conformen o Grupo Municipal Popular.

Como membros natos forman parte deste organismo os membros do actual comité de política local, así como os integrantes da executiva rexional e provincial, e dous representantes de Novas Xeracións.

Entre os obxectivos do comité o xa Presidente do comité Local, Jaime Castiñeira, subliñou catro: fortalecer a estructura do partido no municipio de Lugo; impulsar a participación e dar voz ás bases do partido; aumento da masa social e formación de partido.

Xa como parte da DIRECTIVA DA XUNTA LOCAL DE LUGO e, como membros natos, figuran os representantes dos distintos distritos da cidade.

Distrito 1.- Benigno González Abel e Roberto Menéndez Mato
Distrito 2.- Vicente Quintás González,  Alberto Lugilde Gude, Juan Méndez, Pilar Estévez e Sara Rodríguez López
Distrito 3.- José Antonio Fernández López, José Gómez Fernández,  Juan Manuel Castro Moreda e Carlota Novo Iglesias.
Distrito 4.- Néstor Pérez Lobeiras, , José Manuel Dobarrio López, José Illán Castro, Manuel Villamor, Julio Méndez Menéndez del Llano,Magín López Lobeiras e Rodolfo Castro Fernández.
Distrito 5.- Serafín Rodríguez Rodríguez, José María Carballido, Angel Maciñeiras Calles, Manuel Rebolo Gorgojo, José María Moraleja Alonso e José Regueira Vázquez.

Sen exclusións.- Durante o seu discurso, Castiñeira pediu a colaboración “de todos” para “desenmascarar” aos socialistas lucenses, falou de estreitar a colaboración entre o novo comité local co grupo municipal, así como co partido a nivel provincial. Tamén reclamou o papel activo dos militantes “porque de nada vale ter boas ideas se non as perciben os lucenses”.

O Presidente do comité local amosou o seu optimismo diante das próximas eleccións municipais. “O talento gaña xogos, pero o traballo en equipo e a  intelixencia gañan os campeonatos. Con este equipo que acaban de ratificar, xunto co traballo de moitos anónimos, e co meu compromiso  e esforzo chegaremos á meta de primeiros. Se traballamos  xuntos non existe nada que non se poda lograr. De eso estou máis que convencido” deste xeito, Jaime Castiñeira,  remataba a súa intervención.

Clausura Congreso.- O Presidente do PP de Lugo suliñou durante a clausura que coa celebración deste Congreso, que calificou de “feito histórico”, cumpriuse un compromiso, que “asumín coma persoal”, de recuperar, “despois de máis de 20 anos” segundo puntualizou, o comité local.

Pero o relanzamento desta executiva non suporá o desmantelamento dos distritos que, segundo asegurou, será unha estructura que se vai a manter “porque demostrou sobradamente a súa eficacia” e será un complemento “perfecto” ó propio comité local. Neste punto José Manuel Barreiro tivo palabras de “recoñecemento e agradecemento” para os responsables e colaboradores dos diferentes distritos “polo seu traballo diario e incansable”.

O líder dos populares lucenses indicou que o comité local é unha ferramenta “moi axeitada” para responder á idea de proximidade coa cidadanía que “é unha das premisas fundamentais que estamos a defender dende a dirección provincial e da que se están facendo eco as executivas locais”. Neste senso Barreiro indicou que non dubida de que con Jaime Castiñeira ó fronte a presencia do Partido Popular nas rúas e barrios do concello de Lugo está garantido “porque o seu compromiso con esta cidade está xa a estas alturas máis que claro”.

Tras loubar as “moitas virtudes” do novo Presidente local, José Manuel Barreiro pediu a toda a familia popular de Lugo que peche filas ó redor de Jaime e o seu equipo e que traballen duro, “coma sempre facedes”, para que o PP logre un respaldo maioritario nas vindeiras elección municipais. “Recuperar a Alcaldía de Lugo é posible pero para lograrlo é imprescindible a implicación de todos e cada un de vos no proxecto que representa o Partido Popular. Podemos facelo porque, coma di o lema, temos moita ilusión x Lugo”, explicou.

Tralo acto os populares celebraron nun restaurante da capital o tradicional xantar de Nadal, no que participaron preto de 300 persoas.