Partido Popular de Lugo

BALSEIRO QUERE QUE O PRESIDENTE DE PORTOS DE GALICIA DEA CONTA DO RESULTADO DO ESTUDIO DE VIABILIDADE SOBRE A APERTURA DO PORTO DE ALCOA

A Mariña, 11 de decembro de 2009.- Jose Manuel Balseiro Orol solicitou a comparecencia do Presidente de Portos de Galicia no Parlamento para que explique á Cámara “as conclusións, previsións e contido” do informe de viabilidade sobre a apertura ao tráfico comercial xeral do dique norte de Alcoa. Deste xeito, faise realidade unha das promesas efectuadas polo Partido Popular de Galicia que, tras acceder á responsabilidade  de Goberno na Xunta, comprometeuse a impulsar e poñer sobre a mesa un estudo de viabilidade que reforzase esta histórica reivindicación dos axentes sociais e políticos da Mariña lucense.

O estudo técnico “actualizado, amplo e rigoroso” elaborado polo Ente público autonómico servirá como aval nas negociacións que o Goberno central ten que desenvolver co Grupo Alcoa para facer realidade a creación deste novo porto comercial e servirá para reforzar todo o proceso administrativo que debe  agora impulsarse. Cando está a piques de rematarse o traballo dos técnicos e especialistas que se encargaron da súa confección, o deputado popular quere coñecer o seu contido que será obxecto de explicación no seo da Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia.

Balseiro Orol subliña que grazas a este estudo, dáse un paso histórico nun asunto que, ata o momento, formaba parte do debate político pero que nunca antes tíñase materializado en feitos. Ademais salientou que a incidencia dun novo porto comercial redundará en proveito da nosa comarca e dos seus veciños. “A Xunta xa deu conta da súa vontade favorable para conseguir este obxectivo e incluso asume con recursos propios o estudo técnico. Esto nos diferencia doutras formacións políticas. Todos lembramos as infinitas promesas dos socialistas e dos nacionalistas. O BNG incluso chegou a convocar unha manifestación reclamando este novo porto comercial. Pero o certo e que se demostrou que ningún deles son de fiar, pois nada tiñan feito para facer realidade a apertura do dique norte de Alcoa”.