Santiago, 10 de decembro de 2009 .- O Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade ,na sesión plenaria de hoxe, unha iniciativa do PPdeG na que insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno Central para que rectifique a súa decisión de desmantelar e trasladar fóra de Galicia ao equipo técnico adscrito ao Centro de Prevención da Contaminación, de tal xeito que manteña este servizo na nosa Comunidade. O deputado popular José Antonio García López considerou que este desmantelamento foi unha decisión “ilóxica, irresponsable e fóra de lugar” e defendeu a situación de dito organismo na Coruña, como fora establecido no ano 2004, para a súa coordinación interministerial e o deseño do plan de continxencias ante episodios de contaminación mariña similares ao do Prestige.
José Antonio García López indicou que o seu desmantelamento “é un menosprezo a Galicia por parte do Goberno do señor Zapatero e dos ilustres galegos do PSOE en Madrid” xa que se tratou dunha das moitas medidas que se foron poñendo en marcha a raíz da “catástrofe provocada polo accidente do Prestige na nosa costa e que é necesario para coordinar e rematar os plans territoriais de emerxencias nos litorais”.
O deputado popular defendeu na súa intervención a necesidade de contar con este organismo tendo en conta as características das costas galegas polas que pasan 40.000 buques anuais, dos cales 12.000 transportan mercadorías perigosas, e cunhas condicións climatolóxicas moitas veces moi duras e “o que non ten sentido e levalo a Madrid”.