Partido Popular de Lugo

O PSOE paralizou a inmensa maioría dos tramos da VAC do Norte e gastou en dous anos só o 9% do que si orzou

Santiago de Compostela, 8 de decembro de 2009.- O PPdeG lembra que foi o PSOE quen paralizou de forma clara a VAC do Norte que uniría Ferrol con San Cibrao. Os socialistas, desde o Goberno bipartito, limitáronse a frear a inmensa maioría dos tramos que compuñan o proxecto da Xunta de Manuel Fraga, e a recortar de forma notable os investimentos naqueles que non decidiron paralizar.

En todo caso, os populares lembran que nos últimos anos non só presupostaron menos para as obras da devandita Vía de Alta Capacidade, senón que reduciron a execución dese orzamento até deixala nun mísero 9%.

O PPdeG lembra que estas e outras cuestións serán explicadas polo conselleiro de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio, Agustín Hernández, este xoves e en sede parlamentaria, e desexa que para entón o PSOE recupere a vergoña allea e deixe de acusar a outros de asuntos sobre os que só eles ten culpa. Foron os socialistas os que sacaron o diñeiro que ía destinado á VAC do Norte e puxérono noutros proxectos que para eles eran máis importantes que este.

Os populares lembran que dita vía estaría máis avanzada si, por exemplo, as contías que puideron pagarse de máis nalgunhas infraestruturas nas que houbo indicios de sobrecustos pagos por parte da Administración completasen as irrisorias partidas fixadas para esta VAC do Norte. 

O PPdeG entende que o PSOE teña necesidade de tentar desgastar ao Goberno galego, pero aconsella aos socialistas que escollan temas nos que teñan algo que gañar, e que non utilicen casos nos que os únicos culpables son os socialistas.