Santiago, 4 de decembro do 2009.- Despois de algo máis de tres anos e medio de goberno bipartito e só sete meses de goberno popular, por fin o dragado do Embalse que abastece de auga gran parte do Concello de Lourenzá é xa unha realidade.
O anterior Conselleiro de Medio Ambiente fixo caso omiso das manifestacións feitas neste sentido dende o Concello en tres vías distintas, a través do Pleno, a través do alcalde e a través da propia edil. Pese a poñerse en contacto coa súa Consellería en diversas ocasións non foi quen, nin tan siquiera, de recibirnos en toda a lexislatura para darlle conta, de viva voz, da problemática que estaba a acontecer có suministro de auga.
Non fixo o mesmo o actual Conselleiro Agustín Hernández, que dende que se lle plantexou a situación actual do embase, deulle prioridade para que os técnicos de Obras Hidraulicas pertencentes ao organismo público Augas de Galicia fixeran un informe da evalución do mesmo, froito do cal se desvela a necesidade da acometer as obras de dragado no embalse.