Lugo, a 2 de decembro de 2009.- Preto de 350 persoas participarán no Congreso Local que está previsto que se celebre o vindeiro 12 de decembro no recinto ferial de Lugo baixo o lema CON ILUSIÓN X LUGO. Onte pechouse o prazo para que se anotasen os afiliados interesados en participar en calidade de compromisarios e cubríronse as 200 vacantes previstas, ás que hai que sumar os membros da executiva provincial así como a comisión organizadora. No acto tamén está confirmada a presenza de máis dun cento de invitados.
O único candidato que concurrirá no Congreso local do Partido Popular a presidir a formación en Lugo, o deputado e edil Jaime Castiñeira, reunirase mañá cos compromisarios que teñen dereito a voto para explicarlle as súas propostas.
Como colofón do Congreso local está previsto que se desenvolva o tradicional xantar de Nadal do Partido Popular. A cita será no restaurante Jorge I ás 14:30 horas. As entradas, que teñen un custe de 20 euros, pódense recoller nas sedes do PP situadas en San Marcos ou en Ramón Montegro así como nas dependencias do Grupo Municipal do PP, na planta baixa da casa do concello, antes do día 11 de decembro.