Partido Popular de Lugo

Barreiro: “Será un goberno do Partido Popular o que dotará ó concello de A Fonsagrada da residencia da terceira idade que leva anos reivindicando”

A Fonsagrada, a 27 de novembro de 2009.- “Tivo que chegar o Partido Popular á Xunta de Galicia para que, por fin e despois de moitos anos reivindicandoo, A Fonsagrada vaia a contar cunha residencia para a terceira idade”. Así o indicou o Presidente do Partido Popular de Lugo José Manuel Barreiro durante a visita que realizou hoxe a este municipio da montaña lucense, acompañado do Secretario xeral José Manuel Balseiro, dos deputados provinciais José María González Barcia e Manuel González Capón e polo voceiro do Grupo municipal popular Tobías Martínez.

O anuncio foi ratificado pola presidenta da Comisión de Benestar do PPdeG Susana López Abella, quen tamén participou no encontro no que se analizou a fase na que se atopan diversos proxectos calificados como “moi relevantes” para o municipio. López Abella indicou neste senso que “pese ós reiterados anuncios feitos polo anterior Goberno bipartito, é agora cando por primeira vez nuns orzamentos da Xunta de Galicia se prevé a construcción dunha residencia da terceira idade”.

A partida aludida ten como finalidade sufragar o custo de redacción do proxecto e ascende a 80.000 euros.

Os representantes populares tamén se referiron á “tardanza” que están a acumular outras actuacións previstas para este municipio por parte da Deputación. Así, segundo salientaron, o parque empresarial segue a ser “un anuncio, como o do parque de bombeiros da Montaña, do que o Presidente Gómez Besteiro bota man de cando en vez”, pero a realidade é que era unha actuación xa incluida nas previsións de Suplusa do ano 2006 cun orzamento de 2,5 millóns de euros para que aínda non principiou a andar, non se modificou o uso do suelo nin se adquiriron os terreos”.   

No mesmo caso atópase a estrada A Fonsagrada-Navia, “unha actuación tamén proxectada polo anterior goberno da administración provincial, pero que vai a un ritmo moi moi lento”. Tan lento que aínda se atopa en fase de expropiación e o expediente non chegou sequera ó tribunal de expropiacións. Nombrouse tamén ós membros da  mesa de contratación pero non se reuniron nunca. Este proxecto, que prevé o  ensanche e mellora dende o PK 0 ó 4,5, tiña un orzamento de case 1,2 millóns de euros.

Os populares consideran un “despropósito” o abandono do que é obxecto a comarca da Montaña, e especialmente o concello de A Fonsagrada, por parte da Deputación de Lugo. “Besteiro promete moito cando vén de visita pero despois, á hora da verdade, non fai nada do que di que vai facer. Está a enganar ós veciños deste concello porque tanto o polígono industrial como a estrada ata Navia son fundamentais para o desenvolvemento económico do municipio e sería un reclamo salientable para asentar ou incluso captar población, da que tan necesitada está toda esta comarca da Montaña”, engadiron.