Partido Popular de Lugo

O PPDEG CRITICA QUE O BNG PRETENDA LIMITAR A AUTONOMÍA DO SECTOR MEXILLOEIRO E SUPLANTAR A SÚA VOZ AS PORTAS DE COÑECER O CONTIDO DO PLAN ESTRATÉXICO

Santiago, 25 de novembro de 2009.- O voceiro de Pesca do PPdeG, José Manuel Balseiro, criticou no pleno do Parlamento a “obsesión do BNG de limitar a autonomía e suplantar a  voz do sector mexilloeiro galego  presentando unha iniciativa oportunista cando estamos as portas de coñecer o seu Plan Estratéxico”. Balseiro Orol facía referencia deste xeito a iniciativa presentada polos nacionalistas  sobre o sector mexilloeiro que cualificou de “oportunista xa que pretende adiantarse ao Plan sen antes coñecelo e ofrece medidas  que se presentan dun xeito improvisado, inconexas e precipitadas “e polo tanto xustificou, no debate celebrado onte, o voto negativo do PPdeG do día de hoxe. 

O voceiro popular amosou a súa satisfacción  porque “por fin, e nunca é tarde, os nacionalistas souberon identificar as consecuencias de catro anos en negativo, nos que o sector mexilloeiro non formaba parte das prioridades do anterior goberno bipartito”. Pero esquecen, na súa proposta, a referencia aos principais problemas do sector como é a atomización e a desestructuración “que o proxecto de clúster atacará de raíz e daralle voz e capacidade de decisión aos profesionais e ás partes na produción e na transformación, reforzando o asociacionismo que o Goberno bipartito levou a un calexón sen saída e ata tal punto erraron que hoxe investiga o problema o Tribunal da Competencia” indicou Balseiro Orol.

O deputado popular indicou que, ao contrario do BNG, o PPdeG se mantivo sempre firme na súa promesa electoral para que o mexillón galego recupere a súa posición no noso país e en Europa. “A forma de cumprir este compromiso e que se está a traballar, dende o primeiro día, nun completo conxunto de actuacións, medios e políticas que orientarán a acción executiva da Xunta na presente lexislatura como é o Plan Estratéxico do Mexillón que, tal e como adiantou a Conselleira, será realidade nas próximas semanas” segundo Balseiro Orol. 

Este Plan Estratéxico do Mexillón, indicou o voceiro popular, definirá basicamente como crear, agrupar e pór en marcha un clúster do mexillón galego que estará integrado por  produtores, industrias auxiliares e distintos organismos e entidades. Será o clúster o que leve adiante a planificación das liñas de acción máis polo miúdo e o que traballe no seu desenvolvemento, “sempre contando co apoio da Xunta, como non podería ser doutro xeito” indicou Balseiro Orol.