Ribadeo, a 25 de novembro de 2009.- Novas Xeracións de Ribadeo organizará o vindeiro sábado, día 28, as PRIMEIRAS XORNADAS DA MULLER baixo o lema Retos da muller no século XXI.
O encontro, que se desenvolverá no salón de actos da Casa do Mar, en Ribadeo, contará coa participación como conferenciantes da deputada autonómica Emma Alvarez, a presidenta de NNXX de Galicia e tamén deputada María Seoane, e da delegada da Xunta en Lugo Raquel Arias, que se encargarán de abordar a situación na que se atopan as mulleres dende diversas ópticas: a familia, o traballo e a sociedade.
O pograma previsto desenvolverase neste orde:
11:30h – I conferencia: A muller fundamento da familia
Conferenciante: Emma Álvarez Chao
Deputada e Presidenta da mesa de Agricultura no Parlamento galego
12:00h – II conferencia: A muller traballadora
Conferenciante: Raquel Arias
Delegada Territorial da Xunta en Lugo
12:30h – III conferencia: A muller na sociedade
Conferenciante: María Seoane
Deputada e Presidenta das Novas Xeracións de Galicia
Conclusións: explicacións que correrán a cargo das responsables da Asociación de mulleres para a igualdade