Partido Popular de Lugo

O Partido Popular afirma que o Presidente da Deputación non ten palabra e non é de fiar

Ribadeo, a 23 de novembro de 2009.- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, o portavoz popular en Ribadeo, José Carlos Rodríguez Andina, e os deputados provinciais populares José María González Barcia e José Manuel Yanes Ginzo, aseguraron hoxe que a visita do Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, a Ribadeo o pasado venres demostrou unha vez máis que Besteiro non “é de fiar e non tén palabra”, referíndose ó anuncio dun investimento nun tramo de dous kilómetros na estrada á praia das Catedrais.

Segundo os populares, “hai algo máis de dous meses fixo un anuncio similar, pero o venres veu a Ribadeo rodeado dun séquito propio dun presidente de goberno, para non decir nada, porque nada ensinou, nada confirmou e volveu outra vez a facer anuncios”. Os populares consideran que “a provincia e a comarca precisan dun Presidente da Deputación que traballe e que cumpra os seus compromiso, cousas que lle quedan a Besteiro nas Antípodas”.

Os representantes do PP afirman que Besteiro non ten nada que esperar se quere saldar contas con Ribadeo e con Barreiros, e ofreceron datos:
– O 25/05/07 aprobouse o proxecto, o gasto e o expediente de contratación, así como o expediente de expropiación forzosa da obra Altar-Reinante-Os Castros, cun orzamento de 455.532 euros. Esta obra parouse cando o bigoberno provincial chegou á Deputación.
 A mesma sorte correu a obra da Via Litoral de Barreiros, entre a prolongación da estrada Trabada-Barreiros e a intersección coa 634, nun tramo de catro quilómetros. O 23/02/07 aprobouse o proxecto, o expediente de contratación e o expediente de expropiación forzosa. Chegou a adxudicarse en 1,1 millóns de euros. Tamén parada.
– O día 01/06/07, a Deputación do PP aproba os proxectos, os expedientes de contratación e os expedientes de contratación  das obras de dous tramos máis correspondentes coa Via Litoral de Barreiros, o enlance entre a CP 0601 de dous quilómetros de lonxitude, cun presuposto de 555.016 euros, e o enlace entre a CP 0603 e o límite municipal, de 2’7 kms de lonxitude, cun presuposto de 634.843 euros. Tamén se paralizou a licitación e adxudicación destas dúas obras.

A SOLUCIÓN, CUMPRIR OS COMPROMISOS.- Polo tanto, para os populares, Besteiro non ten nada que esperar, e a débeda que ten contraída con Ribadeo e con Barreiros é de 2.745.391 euros, ou sexa, máis de 450 millóns de pesetas.

Para Alfonso Fuente, alcalde de Barreiros, “a solución está no que xa lle dixemos hai tempo: na Deputación, e procedente da etapa anterior, hai un proxecto que vai desde Altar ós Castros, aprobado, con consignación, e en parte licitado e adxudicado. Se Besteiro tén interese real en facer esta obra, xa pode ir empezando, porque tén os trámites feitos. E se quere deixala para a campaña electoral das municipais, estase equivocando: vaille sair mal a xogada”.

Pola súa banda, o portavoz dos populares en Ribadeo, José Carlos Rodríguez Andina, asegurou que esta obra é de vital importancia para os dous concellos, e lamentou que o PSOE de Ribadeo non apostase por esta obra. “Os socialistas de Ribadeo non tosen para non molestar e a quen están perxudicando coa súa actitude é ós veciños e ós usuarios das praias. Os veciños de Ribadeo xa se dan conta de que non poden contar realmente coa Deputación para solucionar os problemas, e neste caso aínda é máis lamentable tendo en conta que estamos a falar dos accesos a un referente turístico a nivel nacional”.

Polo súa banda, González Barcia e Yanes Ginzo afirmaron que “unha vez máis, demostrase a vagancia e a incompetencia de Besteiro, porque vén a Ribadeo a raíz dun incumplimento, e volve para exercer de novo como ‘home anuncio’, nun evidente acto de desprecio hacia a comarca, especialmente hacia os veciños de Ribadeo e Barreiros”. 

Barcia e Ginzo consideran que vir á Mariña para sacarse, unha vez máis, fotos, e non anunciar nada, demostra que non hai compromiso do presidente coa comarca”. Barcia foi máis aló, e asegurou que a tan cacareada cualificación ambiental das praias de A Mariña “pode ter truco. Xa veremos canto custa, cal é o procedemento de adxudicación do contrato e cal é o resultado. De momento, moitas praias de A Mariña xa contan cunha calificación ambiental que sae gratis: a Bandeira Azul”.