Lugo, a 20 de novembro de 2009.- O comité de dirección do Partido Popular de Lugo, baixo a presidencia de José Manuel Barreiro, iniciou hoxe o seu calendario de reunións de traballo tras a súa elección o pasado día 31 de outubro durante o XV Congreso provincial.
Un dos eixos sobre os que xirará a actuación do comité de dirección dos populares de Lugo será a de promover “por todos os medios posibles” a proximidade á cidadanía como mellor método para que o propio partido poida responder de maneira axeitada e áxil ás demandas da sociedade. Segue imperando así a idea desenvolvida na ponencia política-económica aprobada no congreso provincia de Lugo, a nosa prioridade, que agora se porá en práctica.
Nesta primeira reunión os catro vicesecretarios, a voceira Cristina Ares, e os responsables das de relacións coa sociedade, políticas sectoriais e organización, Manuela López Besteiro, Luis Lamas e Lourdes Yánez, respectivamente, tamén estableceron as liñas de traballo que seguirán cos seus respectivos coordinadores de área en aras non só de dinamizar o seu funcionamento senón de incentivar a confrontación e aportación de ideas que paulatinamente irán incorpornándose ó plan de traballo a desenvolver.
No encontro fixouse tamén a periodicidade dos próximos encontros, de xeito que o comité de dirección reunirase cada quince días mentres que a executiva provincial o fará cada tres meses.