Partido Popular de Lugo

O GPPP denuncia que a Deputación reduciu á metade as axudas ó mariqueo na comarca da Mariña

Lugo, a 17 de novembro de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular denunciou a ausencia de compromisos da Deputación co sector pesqueiro da Mariña e máis concretamente co marisqueiro, porque as axudas das que tanto falou José Ramón Gómez Besteiro para a pesca non existen nos orzamentos da Deputación nin do Inludes, e porque as que se concedía ó marisqueo descenderon en 2009 con respecto a 2008. 

O voceiro adxunto do GPPP José María González Barcia indicou que a aportación da Deputación para axudas ó sementado de marisco, a través do Inludes, foi no ano 2007 de 21.000 euros para toda a comarca, dos que 12.000 ían destinados ás mariscadoras de O Vicedo, por ser o grupo máis numeroso xa que se acerca na actualidade ás trinta mariscadoras; os restantes estaban distribuidos a razón de 3.000 euros para Ribadeo, Barreiros e Celeiro, que contan con menos mariscadoras.

Estas coantías mantivéronse en 2008, pero quedaron reducidas a 12.000 euros, practicamente a metade, nos orzamentos de 2009, sen ningún tipo de explicación, especialmente ás mariscadoras de O Vicedo, que pasan a ter a mesma asignación que os outros tres colectivos, ou sexa, tres mil euros, ainda que seguen  sendo vintenove mariscadoras.

Barcia asegurou ademais que estas subvencións, de carácter nominativo e que por tal circunstancia figuran nos orzamentos do Inludes, tardan moito en cobrarse, concretamente un ano, polo que só cabe considerar esto como unha burla a un sector que precisa de todas as axudas posibles. O seu entender, amosa tamén que por parte da Deputación hai unha ausencia total de compromiso co sector e coa Mariña. “Se este é o ritmo de traballo neste caso é fácil imaxinar cal será en asuntos de máis calado”, dixo.

PROMESAS INCUMPLIDAS.- O voceiro adxunto dos populares suliñou que foi a propia Deputación a que ofreceu axudas a confrarías, pero só se quedou neso, nun mero ofrecemento, que non se tén traducido en nada palpable. Lembrou asimesmo que o Presidente da administración provincial manifestou no seu discurso de investidura que a Mariña tería unha atención especial pero a realidade é que “Besteiro só usa a Mariña como plató fotográfico, do que hai mostras sobradas, pois o apio prometido non chega e moitas das obras comprometidas nin sequera están licitadas”.