Lugo, a 16 de novembro de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular solicitou hoxe oficialmente a baixa de Manuel Lorenzo Varela Rodríguez como membro deste grupo.
O escrito foi presentado no rexistro da Deputación e nel solicítase ó Presidente da institución que adopte as medidas oportunas para, en base á normativa vixente, proceda a realizar os trámites que resulten pertinentes encamiñados a dar de baixa a Varela Rodríguez a todos os efectos como membro do Grupo provincial popular.
No documento arguméntase a petición indicando que Manuel Lorenzo Varela, que ostentaba a representación do PP polo partido xudicial de Chantada, deixou de formar parte do Grupo municipal popular no Concello de Chantada para pasar a formar parte do Grupo dos non adscritos.