Partido Popular de Lugo

O PSOE rexeita incluir nos orzamentos 600.000 euros para a traída de augas de A Fonsagrada

Lugo, a 13 de novembro de 2009.- Os deputados nacionais do Partido Popular Joaquín García e Olga Iglesias criticaron que os socialistas rexeitaran incluir unha partida nos orzamentos xerais do Estado para o vindeiro ano para dotar de traída de augas ó municipio de A Fonsagrada.

Para os deputados populares a negativa dos socialistas a aprobar a enmenda que presentaban ás contas de 2010 pon de manifesto o nulo compromiso e sensiblidade do Goberno central hacia os concellos da montaña que presentan importantes deficiencias na dotación de servizos básicos.

García Díez e Iglesias Fontal suliñan que o propio Goberno socialista incluira nos orzamentos de 2009 unha partida de 600.000 euros para acometer esta obra da que “non se gastou nin un euro”, polo que califican de “despropósito” que se negaran a mantela “por idéntico importe”, puntualizan, nos de 2010. Os deputados populares consideran que este cambio de criterio é inxustificable e instan ós socialistas a “explicar ós veciños de A Fonsagrada as razóns que os levan a considerar agora que a execución desta obra non é necesaria” e incluso a revelar esas razóns os seus compañeiros de partido neste municipio. 

Salientan neste contexto que a moción presentada polo grupo municipal popular de A Fonsagrada, que lidera Tobías Martíñez, na que precisamente se plantexaba reivindicar ante o Ministerio de Medio Ambiente a inversión prevista para a presa do Muradal, así como a redación dun proxecto que reflexe a totalidade da obra e o seu coste global, recibiu onte o respaldo unánime da corporación, incluido o dos ediles socialistas.