Lugo, a 13 de novembro de 2009.- O Congreso local do Partido Popular terá lugar o vindeiro día 12 de decembro.
Establecida a data de celebración do cónclave, ábrese o prazo para que os aspirantes a presidir a agrupación local se postulen como candidatos. O prazo para formalizar este trámite rematará o vindeiro 20 de novembro e para elo establécese como único requisito que os aspirantes conten co aval de medio cento de afiliados.
O proceso congresual dos populares lucenses segue así a súa tramitación despois de que a executiva provincial adoptase o pasado luns na súa primeira reunión a decisión de convocalo.