Partido Popular de Lugo

Barcia: “o Sr. Martínez dalle a razón o PP cando afirma que a xestión do Goberno da Deputación é nula”

Lugo, a 11 de novembro de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular considera que os datos aportados onte polo responsable da área de Infraestructuras e Obras Manuel Martínez danlle a razón cando critica o baixo ritmo de traballo que impera no Goberno provincial e o baixísimo grao de execución orzamentaria que teñen a estas alturas do ano.   

Para os populares, segundo suliña o voceiro adxunto José María González Barcia, que o Sr. Martínez teña que remontarse a hai 22 meses para facer balanzo do feito polo seu departamento “resulta en si mesmo significativo, porque implícitamente está a recoñecer que a execución orzamentaria deste ano non está nos niveis que correspondería co último  trimestre do ano”. 

Neste senso, o voceiro adxunto dos populares na administración provincial reitera que, a data 30 de xuño,  dos 11,6 millóns de euros consignados para mantemento e conservación dos vías proviciais nos orzamentos de 2009, únicamente se tiñan investidos 365.000 euros, é dicir, o 3,1 por cento.

A este “investimento real” pódeselle engadir, en función dos gastos correntes incluidos no capítulo 2 dos orzamentos, 1,9 millóns de euros de mantemento da rede viaria e, “sendo xenerosos”, 1,1 millóns de euros máis procedentes dos remanentes do exercicio 2008. “Sumando todo isto a cifra ascende a 3,4 millóns de euros, moi lonxe dos datos aportados onte polo Sr. Martínez”, suliña González Barcia.

En calquera caso, dende o GPPP animan ó responsable de Infraestructuras da Deputación a que na vez de facer balanzos se adique a poñer en marcha os proxectos que permitan darlle continuidade ó plan de mantemento e conservación das estradas provinciais que está en vigor.