Partido Popular de Lugo

O GPPP pide que se axilice a redacción dos proxectos de conservación integral da rede viaria provincial

Lugo, a 10 de novembro de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular denunciou o “estado lamentable” no que se atopa a conservación da rede viaria provincial. Unha situación que é comprobable en prácticamente todos os concellos, polo que os populares alertan dos problemas que esta situación poderá acarrear se as condicions meteorolóxicas durante o inverno son adversas.

Dende o GPPP lembran que o ano pasado, por estas datas, estaban a tramitarse administrativamente os proxectos de conservación das distintas zonas, e o proceso xa acumulaba nove meses de retraso.  Os populares suliñan que os contratos formalizados o pasado exercicio expirarán o vindeiro mes de marzo polo que consideran “razonable e axeitado” que a tramitación dos novos proxectos estivera xa realizada para asegurar así que a contratación dos traballos tivera continuidade no tempo cos actualmente vixentes.

Os populares salientan ademais que para este ano contémplase unha partida ozamentaria de 11,6 millóns de euros para o mantemento e conservación das estradas provinciais pero que a 30 de xuño únicamente se tiñan investido 365.000 euros. É dicir, que a inversión real prevista para este menester foi de únicamente o 3,1 por cento.

Dende o GPPP, por estes motivos, instan ó responsable de Vías e Obras, Manuel Martínez, a que atenda con maior entusiasmo as súas responsabilidades e axilice o funcionamento do seu departamento.