Lugo, a 7 de novembro de 2009.- O Partido Popular dentro do programa de reunións periódicas que promove entre os profesionais da educación e os responsables da Consellería de Educación para tentar garantir que unha e outra parte manteñan unha relación o máis directa e fluida posible, organizará o vindeiro luns un novo foro aberto sobre educación. A iniciativa tenta que o profesorado sexa coñecedor das accións que en materia educativa ten en marcha ou prevé levar a cabo a administración autonómica e, por outra banda, que a propia consellería teña constancia das inquedanzas ou dos problemas ós que se enfronta este colectivo.
No encontro, que se desenvolverá a partir das 18 horas no salón porticado do Gran Hotel, participará coma ponente José Luis Mira Lema, director xeral de Educacación, Formación Profesional e Innovación Educativa, que disertará, entre outros asuntos, sobre a gratuidade dos libros de texto, a situación na que se atopa a educación infantil, o incremento de prazas nos comedores escolares, a convivencia nos centros, os programas de diversificación postos en marcha e, en definitiva, de cómo discurriu o comenzo do novo curso escolar.
Na xuntanza tamén estarán presente, ademais do Presidente dos populares lucenses José Manuel Barreiro, a delegada da Xunta en Lugo Raquel Arias; o xefe territorial de Educación Jesús Ramos Ledo; e, entre outros, a vicesecretaría de Relacións coa Sociedade e o coodinador de Educación e Formación do PP de Lugo Manuela López Besteiro e Celso Currás, respectivamente.
O obxectivo que se marca o Partido Popular de Lugo coa organización deste tipo de foro é o de actuar de intermediario entre o profesorado e a Consellería de Educación en aras de que os primeiros poidan dar conta da realidade que viven día a día nos centros educativos e as dificultades ás que teñen que facer fronte e os responsables da consellería escoiten ós docentes e coñezan con todo detalle as súas inquedanzas.
Para o Partido Popular de Lugo a educación é un dos pilares sobre os que se sustenta a sociedade do benestar e considera que os profesionais da educación, independentemente do nivel educativo no que exerzan, son merecedores dun recoñecemento especial por parte de toda a sociedade dado que a súa laboura é indispensable na transmisión e inculcación ás novas xeracións dos valores democráticos e das mínimas normas de civismo que deben rexir toda relación humana.