Partido Popular de Lugo

O GPPP denuncia que en seis meses o Inludes só gastou cinco de cada cen euros que tiña adicados a inversión

Lugo, a 6 de novembro de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular denuncia que o orzamento do Inludes para o presente exercicio estase a executar “baixo mínimos e cuns niveis de esixencia realmente pobres”. Os populares explican que os datos a 30 de xuño deste ano son “preocupantes” porque “ó ritmo que se vai é moi difícil non xa o cumplimento do orzamento a finais de ano, senón chegar incluso  a comprometer o gasto”. Os precedentes, de feito, non son moi alentadores: en 2008 só foron capaces de comprometer o 10,58 por cento do orzamento previsto en inversións reais.

González Barcia incide de forma contundente no capítulo de investimentos reais. Así, asegura que o grao de compromiso acadado a 30 de xuño “é unha burla á intelixencia dos cidadáns da provincia e a mostra máis palpable de que non hai impulso á acción do Inludes”. Os datos, di, “son concluintes: só estaban comprometidos 436.781’35€ dun total de 8.228.210’61€, ou sexa, un pobrísimo e escandaloso 5’31%”.

Este feito amosa, salienta Barcia, “que non hai unha aposta real pola provincia, que os orzamentos fanse sin intención de cumplilos, e que a dirección política do Inludes é manifiestamente mellorable”.

O voceiro adxunto dos populares aporta máis datos datos. Así, segundo asegura, o grao de cumplimento do capítulo de gastos correntes do Inludes era a 30 de xuño do 33 por cento, xa que dos 3.339.396’67€ só estaban comprometidos 1.104.795’33€.

No que se refire a transferencias correntes, o grao de execución é do 37%, xa que só había comprometidos 930.000 euros dun total de dous millóns e medio.

“Máis pobre” é, na súa opinión, o nivel de execución do capítulo de transferencias de capital, dado que únicamente se tiñan comprometido 288.000’00€ dun total de 886.011’04€, o que signfica o 32’5% do total.

“Este ano”, conclúe González Barcia, “que aprobaron os presupostos cando quixeron e que continúan os efectos da crise económica, é evidente que a aposta do Inludes pola provincia debería ser decisiva e que a execución presupuestaria tería que ser unha prioridade. Pois non, fan xustamente o contrario, e por riba demoran considerablemente o abono das subvencións”.