Lugo, a 4 de novembro de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular critica que a estas alturas e pese a que o prazo expirou a mediados do pasado mes de agosto aínda non se resolveron as axudas que concede a Deputación a colectivos ou concellos para o desenvolvemento de actividades culturais ou deportivas.
Suliñan os populares que as propias bases da convocatoria destas subvencións establecían un prazo de tres meses para a súa resolución tras o remate do plazo da pertinente solicitude. Un plazo que, segundo recalcan, rematou a mediados do pasado mes de agosto. A data de hoxe, de feito, non se convocou ningunha mesa de valoracións.
O GPPP indica que este considerable retraso está a provocar un grave perxuizo ós concellos, clubes ou asociacións que organizaron actividades contando con eses cartos e que agora non contan co abono correspondente pese a que eles si que tiveron que formalizar os pagos correspondentes e, o que é peor, descoñecen si van a recibir subvención ou non. Os problemas de liquidez tamén afectan ós propios concellos, segundo suliñan os populares, pola mesma razón.
O GPPP pregúntase se a demora na tramitación destas axudas, que depende en función do reparto de funcións efectuada entre os dous socios de goberno provinciais á área nacionalista, está relacionada coa decisión de relevar nas súas funcións ó responsable de cultura e deportes designado polo vicepresidente primeiro Antón Bao.