Partido Popular de Lugo

O PP reclamará ó Goberno central a dotación dun xulgado de primeira instancia e instrucción para Sarria

Sarria, a 3 de novembro de 2009.- Os deputados nacionais do Partido Popular Joaquín García Díez e Olga Fontal desgranaron hoxe as enmendas que para a comarca de Sarria presentaron ós orzamentos xerais do Estado e que hoxe e mañá se debatirán no Congreso dos Deputados.

Ambos parlamentarios indicando que as enmendas presentadas para a provincia de Lugo suman no seu conxunto 70 millóns de euros máis e que, en termos xerais, centran as demandas en infraestructuras e na dotación de servizos básicos. O número de enmendas presentado é, segundo recoñeceron, moi reducido por “coherencia”, dado que nunha época de crise económica como a actual non “sería lóxico” estar pedindo, por unha banda, contención e austeridade no gasto e por outra, demandar a ampliación ou introducción de novas partidas orzamentarias.

No que atinxe específicamente á comarca de Sarria, os deputados populares explicaron que reivindican ante o Goberno central a dotación dun xulgado de primeira instancia e instrucción. “Unha vella reivindicación desta comarca que aínda non foi atendida”, apuntillaron.

A segunda fase da urbanización do polígono industrial de Mourelle para o que presentan unha enmenda por valor de 500.000 euros; e dez millóns de euros para a recuperación e encauzamento dos ríos Sarria e Celeiro son outras das reivindicacións que plantexan os deputados populares.

Ademais, introducen unha enmenda por importe de tres millóns de euros para incrementar as frecuencias diarias nos servizos de corta distancia nas liñas Monforte-Lugo e Lugo-A Coruña e o outra de seis millóns para o establecemento dun novo servizo a través de RENFE operadora dun tren Alaris diurno e diario Lugo – Madrid.

Os populares reclaman tamén un total de 20 millóns de euros en obras incluídas dentro dun paquete máis xenérico e ligadas ó Plan Galicia no que se inclúen, entre outras, un incremento de cinco millóns de euros á partida adicada ó AVE Lugo – Ourense e tres millóns ó AVE Ponferrada – Monforte.