Lugo, a 3 de novembro de 2009.- O Grupo provincial Partido Popular ante as últimas actuacións xudiciais levadas a cabo polo Xulgado de Instrucción número 3 de Lugo nas que se viron implicados dous destacados membros do goberno provincial, como é o caso da vicepresidenta segunda Lara Méndez e o deputado e responsable da delegación da Rede Viaria Provincial Juan José Díaz Valiño, antepoñendo a necesaria presunción de inocencia, que neste caso se fai máis necesaria dado o segredo sumarial decretado, suliñan que a gravidade da situación reclama tamén que se den “urxentes e claras” explicacións políticas.
Para os populares, a investigación xudicial que se está a levar a cabo esclarecerá as responsabilidades penais, pero insisten en que é preciso esclarecer canto antes as responsabilidades políticas. Puntualizan neste punto, sobre a actuación xudicial, que acatan e respetan as actuacións levadas a cabo dende o xulgado.
Neste senso, dende o GPPP insisten en que o Presidente da Deputación José Ramón Gómez Besteiro, dado que dous dos implicados directos nas pesquisas xudiciais conforman o seu equipo de goberno e que boa parte da documentación requisada por orde xudicial está directamente relacionada con actuacións da administración provincial e incluso foi retirada das súas dependencias, faise inexcusable que dé explicacións á cidadanía do que está a pasar. Suliñan asimesmo que, pese ós graves acontecementos dos últimos días, o GPPP nin foi informado nin recibiu ningunha explicación oficial dende a Deputación o do seu Presidente a este respecto e que, por tanto, só dispón dos datos dos que se fixeron eco os medios de comunicación.
Os populares entenden que, independentemente do resultado da actuación xudicial, a situación vivida ata o momento provocou graves danos na imaxe pública non xa das dúas persoas directamente implicadas senón da propia Deputación como institución. Un dano cuxas consecuencias, segundo matizan, son neste momento aínda difíciles de valorar.
De calquera xeito, o Grupo provincial do Partido Popular considera que o Presidente da Deputación de Lugo debe explicar a súa postura ante esta situación e avanzar se ten previsto adoptar algunha medida cautelar no que atinxe ás responsabilidades que tanto Lara Méndez coma Juan José Díaz Valiño ostentan na administración provincial.
corte de voz de José María González Barcia na sección SONS