Lugo, a 2 de outubro de 2009.- Representantes do Partido Popular do partido xudicial de Chantada durante unha reunión mantida hoxe co Presidente provincial José Manuel Barreiro, na que tamén participaron os deputados provinciais, decidiron pedirlle a Manuel Lorenzo Varela Rodríguez que renuncie a súa acta de deputado.
A razón esgrimida susténtanse no feito de que a designación dos deputados provinciais é unha elección indirecta e que, dado que Varela por vontade propia e de xeito unilateral decidiu abandonar o Partido Popular, non pode ostentar a representación dos votantes desta formación política neste partido xudicial e que, de non renunciar a súa acta, quedarían sin representación.
Suliñan asimesmo que nestes sete municipios o PP foi a forza máis votada ó acadar prácticamente a metade dos votos e que, en funcións deses resultados, ó Partido Popular correspóndelle un dos dous deputados provinciais cos que conta este partido xudicial.
Así, os alcaldes e voceiros dos concellos que integran o partido xudicial de Chantada (Chantada, Antas de Ulla, Carballedo, Monterroso, Palas de Rei, Portomarín e Taboada) e que xunto cos concelleiros electos nestes municipios designaron no seu día a Varela Rodríguez, entenden agora, despois de que diferentes medios de comunicación se fixeran eco da súa intención de non devolver ó partido a súa acta de deputado, que debe renunciar a ela, dado que na súa situación actual non pode seguir ostentando esa representación.
Alcaldes e voceiros deste partido xudicial entenden que a súa situación actual resulta incompatible coa defensa dos intereses do Partido Popular neste partido xudicial na Deputación de Lugo.