Lugo, a 31 outubro de 2009.- José Manuel Barreiro foi reelexido hoxe por unanimidade Presidente do Partido Popular de Lugo. A súa candidatura foi respaldada maioritariamente polos compromisarios. Dos 743 votos emitidos, 737 foron favorables, catro en branco e dous nulos.
O xa Presidente electo principiou o seu discurso dando as gracias “polo seu respaldo” a todos os compromisarios, e facendo referencia ós integrantes da súa candidatura e que conforman o comité executivo provincial, indicando que nel se conxuga veteranía e renovación.
“Veteranía porque a experiencia é un mérito que hai que apreciar e valorar na súa xusta medida; e renovación porque para afianzar o futuro é fundamental contar con savia vigorosa e activa”, indicou.
O “compromiso inequívoco” coa, ó seu entender, “necesaria e obrigada renovación xeneracional” ponse de manifesto no feito de que a media de idade da nova executiva sitúase nos 44 anos. Ó igual que tamén é inequívoca a aposta polas mulleres, que neste caso, segundo salientou, teñen unha presenza salientable non por unha cuestión de cuotas, senón porque merecen estar.
Suliñou que o comité executivo responde a un plantexamento “continuista” na laboura de renovación iniciada en 2004 coa paulatina renovación das agrupacións locais. Máis da metade dos seus membros estreanse na asunción destas competencias, hai representantes de todas as comarcas e prácticamente da metade dos concellos da provincia. E salientable tamén que incorpóranse ó máximo órgano de dirección catro integrantes de Novas Xeracións.
Destacou asimesmo a importante presenza femenina no novo comité executivo, salientando que “aquí non están por cuotas senón porque merecen estar”. “Pola súa valía, por elas mesmas”, apuntillou.
Tivo tamén verbas cariñosas para Manuel Fraga e de satisfacción e respaldo para a xestión de Alberto Núñez Feijoo ó fronte da Xunta de Galicia, así como para os demais presidentes provinciais José Manuel Baltar, Rafael Louzán e Carlos Negueira.
SIN EXCLUSIÓNS.- Pero a renovación, segundo matizou, non se contradice coa veteranía. “Renovación sí, pero esa premisa non implica ningunha exclusión. Todos somos necesarios”, asegurou, aínda que matizando que “ninguén vexa ou entenda ó Partido Popular de Lugo coma un instrumento para medrar ou para dirimir cuestións ou conflictos personais”. “A xente que entenda así a vida política que teña claro que non é ben recibido nin ten sitio no Partido Popular de Lugo”, apuntillou.
“Debate, si; confrontación de ideas, tamén, porque da discusión ideolóxica apréndese e mellorase, pero nin chantaxes nin personalismos. Aquí o importante, o único importante, é defender un proxecto político para Lugo, para Galicia, para España, que responda, rápita e eficazmente, ás demandas e ás necesidades dos lucenses, dos galegos e dos españois, que nesta época de forte crise económica é máis necesario que nunca”, explicou.
IDEARIO: TRABALLO E PROXIMIDADE.- José Manuel Barreiro tamén se referiu ó ideario do Partido Popular de Lugo que, segundo dixo, é ben “claro e sinxelo: traballo, traballo e traballo”.
Avogou pola proximidade á cidadanía, “á pe de rúa e porta a porta si é necesario” e ás bases, “que son a nosa maior riqueza, e tamén o mellor aval que se pode ter”, coma seña de identidade do PP lucense.
“Estamos abertos ó debate, á confrontación de ideas. Estamos abertos ó novo e esa modernización non implica renunciar a nosa identidade, á defensa dos valores que nos fixeron e nos permitiron chegar ata aquí. Somos galeguistas e non temos complexos en dicir galego sí e dicir tamén, sen que supoña unha contradicción e menos aínda unha confrontación, castelán tamén sí”, engadiu.
Barreiro tamén deixou claro no seu discurso cal é próximo obxectivo, ganar as próximas elecciones municipais “con rotundidade e claridade”. “Conto co voso esforzo, coa vosa entrega, co voso compromiso. Sei que o faredes ben e estou convencido de que no 2011 celebraremos unha gran victoria”, apuntillou.
ASISTENTES.- No XV Congreso dos populares lucense participaron un milleiro de persoas entre invitados e compromisarios. Ademais do Presidente do PPdeG Alberto Núñez Feiojoo, que se encargou de clausurar o cónclave, tamén asistiron, entre outros, o Presidente fundador Manuel Fraga; os conselleiros Alfonso Rueda e Samuel Juárez, o Vicepresidente primeiro da Mesa do Parlamento José Manuel Baltar; os presidentes provincias de A Coruña, Ourense e Pontevedra; e a coordinadora de Participación Social do PP Ana Pastor. Tamén houbo unha nutrida representación de colectivos e asociacións lucenses, así coma representantes das centrais sindicais UXT, Comisións Obreiras, USO e Xóvenes Agricultores e das agrupacións empresariais.