Partido Popular de Lugo

O PP lamenta que cuestións persoais impidan a defensa dos intereses do Concello de Chantada tal e coma expresaron os seus veciños nas urnas

Lugo, a 30 de outubro de 2009.- O Partido Popular de Lugo lamenta a decisión adoptada por catro concelleiros da corporación de Chantada que, pese a ter concurrido baixo as siglas desta formación política nas pasadas eleccións municipais, no día de onte anunciaron durante a celebración dun pleno ordinario o seu paso ó grupo dos non adscritos. Lamenta asimesmo neste senso que o ata agora voceiro do grupo municipal popular Manuel Lorenzo Varela e os seus tres compañeiros antepuxeran os seus intereses persoais á defensa dos intereses xerais dos veciños de Chantada, que maioritariamente votaron ó Partido Popular.

O Secretario xeral dos populares lucenses José Manuel Balseiro explicou hoxe que os órganos de dirección do partido non foron informados de xeito oficial polos xa ex concelleiros do Partido Popular da súa decisión de abandonar a formación política.

José Manuel Balseiro lembra ademais que, tras a perda da Alcaldía de Chantada, cuxa candidatura iba encabezada por Manuel Lorenzo Varela, e o xurdimento de diferencias de criterio manifestadas entre os propios representantes do Partido Popular, convocouse a celebración dun congreso local. Daquela a dirección provincial expresou o seu desexo, tanto ó propio Varela como a Susana López Abella, de que se presentaran unha única candidatura de consenso. Suxerencia que foi rexeitada por Manuel Lorenzo Varela, quen, en calquera caso, comprometeuse públicamente a aceptar o resultado do congreso.

Deste xeito a agrupación local de Chantada foi renovada o pasado  8 de novembro de 2008, resultando gañadora a candidatura encabezada por Susana López Abella, que recibiu o 55 por cento dos votos.

Posteriormente Manuel Lorenzo Varela, descontento co resultado, decidiu impugnar o proceso. A cuestión foi analizada polo Comité de Garantía do PPdeG que desestimou as alegacións presentadas e ratificou no seu cargo de Presidente do PP de Chantada a Susana López Abella. 

Así as cousas e dado que reiteradamente se facían públicas as desavenencias dentro do propio Grupo municipal popular, dende a dirección provincial do partido, segundo indica José Manuel Balseiro, mantiveronse numerosas reunións cos dous sectores implicados coa intención de chegar a un entendemento entre as partes. A última destas xuntas tivo lugar o pasado luns, día 19, sen que as negociacións fructificaran.  

O secretario xeral dos populares lucenses tamén se referiu a intención manifestada por Varela de manter a súa acta de diputado provincial e da que se fan eco diferentes medios de comunicación. Neste punto Balseiro suliña que este posto cúbrese por designación indirecta e que, polo tanto, a acta pertence ó Partido Popular.

Salienta, de feito, que Manuel Lorenzo Varela está na corporación provincial en representación do partido xudicial de Chantada e que, polo tanto, representa ós concellos de Chantada, Antas de Ulla, Carballedo, Monterroso, Palas de Rei, Portomarín e Taboada. Suliña asimesmo que nestes sete municipios o PP foi a forza máis votada ó acadar 47,78 por cento dos votos (o que supón 39 concelleiros) fronte o 35,1% acadado polo PSOE (35 concelleiros) e o 17,71% do BNG (12 concelleiros). 

En base a esto, segundo indicou José Manuel Balseiro, dende a dirección provincial do partido agárdase que na actitude de Varela impere a coherencia e presente a súa renuncia inmediata a súa acta de diputado provincial.