Partido Popular de Lugo

As frecuencias ferroviarias, o tratamento de augas e a recuperación mediambiental dos ríos centran as enmendas do PP ós orzamentos do Estado na Zona Sur

Monforte, 26 de outubro de 2009.- Os deputados nacionais do Partido Popular Joaquín García Díez e Olga Fontal desgranaron hoxe as enmendas que para a Zona Sur presentaron ós orzamentos xerais do Estado, indicando que é un número reducido porque consideran “coherente” que nunha época de crise económica como a actual non “sería lóxico” estar pedindo contención e austeridade no gasto por unha banda e ampliación o introducción de novas partidas pola outra. 

Neste senso salientaron que as solicitudes plantexadas fan fincapé en infraestructuras e dotación de servizos “moi necesarios”. De feito, o montante total das enmendas da provincia ascende a 70 millóns de euros.

Así, introducen unha enmenda por importe de tres millóns de euros para incrementar as frecuencias diarias nos servizos de corta distancia nas liñas Monforte-Lugo e Lugo-A Coruña e o outra de seis millóns para o establecemento dun novo servicio a través de RENFE operadora dun tren Alaris diurno e diario Lugo – Madrid. Piden tamén incrementar en 3 millóns de euros o orzamento previsto para A-76 Ponferrada-Monforte e 150.000 euros máis para o acceso ó porto seco dende a N-120.

Os populares, segundo explicaron, tamén avogaron por adicar un millón máis á ampliación e mellora do sistema de tratamento de auga potable en Monforte; e reivindicaron outros dous millóns para dotar a Chantada dunha estación depuradora de augas residuais e para mellorar a rede de colectores xerais.

Ademais, reclaman outro millón de euros para proceder á restauración hidráulica nas zonas pizarreiras dos ríos Lor e Quiroga, que permitirían cumplir os compromisos adquiridos neste aspecto polo Goberno central e investir os cartos para este fin consignados nos orzamentos de 2008 e que non se gastaron.

Os populares tamén reclamaron 1,5 millóns de eruos para a recuperación das márxenes do río Cabe ó seu paso polos concellos de Monforte, Pantón e Sober.

Os populares, a maiores, reclaman un total de 20 millóns de euros en obras incluídas dentro dun paquete máis xenérico ligadas ó Plan Galicia no que se inclúen, entre outras, un incremento de cinco millóns de euros á partida adicada ó AVE Lugo Ourense e tres millóns ó AVE Ponferrada- Monforte e doce millóns de euros para autovía Chantada Monforte.