Partido Popular de Lugo

O GPPP esixe á Deputación a construcción da residencia da terceira idade comprometida para Baleira

Baleira, 24 de outubro de 2009.- Os deputados provinciais Manuel González Capón e José María González Barcia, acompañados polo alcalde de Baleira, Francisco Acal, acusaron hoxe a José Ramón Gómez Besteiro de incumplir os compromisos acadados pola Deputación co Concello de Baleira.

Por elo, instarono á “inmediata” posta en marcha dos trámites administrativos para que se cumpla o convenio asinado entre a administración provincial e o Concello de Baleira en maio de 2007 para a construcción dunha residencia comunitaria para válidos, un centro de día e un circuito de ximnasia de mantemento. Unha petición que formalizaron nunha moción que será tratada no pleno do vindeiro martes.

Segundo explicou o rexidor Francisco Acal, mantivo “bastantes conversas” con Besteiro para abordar este asunto, pero “ata agora non din concretado nada con el, e os veciños de Baleira queren saber que pasa cunha obra que xa debería estar a piques de rematar”. Por eso, segundo recalcou, “non quero que haxa máis enganos ós cidadáns de Baleira, que se merecen algo máis de respeto e seriedade por parte das institucións”.

Acal fixo un pouco de historia e dixo que o convenio fora asinado a finais de maio de 2007 por el mesmo e polo daquela Presidente da Deputación, e posteriormente ratificado pola Xunta de Goberno, cun orzamento de 1.189.966’05€, dos que 300.000’00€ serían investidos no mesmo 2007, 489.966’05€ durante 2008, e os restantes 400.000’00€ no presente ano 2009. Polo tanto, “a obra debería estar a piques de rematar”.

O rexidor tamén lembrou que “dende o Concello enviouse o correspondente proxecto, que contaba co informe favorable da Xunta”.

O voceiro adxunto do PP na Deputación José María González Barcia asegurou que a Deputación “esquécese dos concellos e concentra todos os seus esforzos e boa parte dos seus recursos en promocionar o seu presidente”. Barcia indicou, ademais, que a execución desta obra estaba contemplada nos orzamentos da administración provincial, elaborados polos actuais responsables, nos que se fixaba un investimento de 489.966’05€ en 2008 e 700.000’00€ en 2009.

O voceiro popular salientou con ironía que “este é outro exemplo das maneiras e do bo facer do home anuncio, que cada día resulta algo máis patético”. “Os cidadáns da provincia queren que a Deputación cumpla cos seus compromisos e aplique as súas competencias. Pero  Besteiro quere ternos a todos entretidos con helicópteros e con rotas de deporte de alto risco para que non reparemos en que os cartos que debían adicarse á dotación de infraestructuras acaban despilfarrándose en autobombo”, engadiu Barcia, quen suliñou que “o único que a provincia lle pide a Besteiro é traballo, algo sobre o que  desgraciadamente non pode presumir”.