Partido Popular de Lugo

Segundo o PP, a mellor garantía do compromiso da Xunta coa comarca de Lugo son os máis de 63 millóns que invertirá o vindeiro ano

Lugo, a 20 de outubro de 2009.- Os orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano na comarca de Lugo ascenden a máis de 63 millóns de euros, nos que se inclúen partidas importantes en materia de rehabilitación e vivenda e infraestructuras, As Gándaras,  así como o remate do novo hospital.

Os deputados autonómicos Jaime Castiñeira e Isabel García salientaron hoxe estas cifras como “dato diferenciador claro” dos primeiros orzamentos diseñados polo Goberno de Núñez Feijoo “pola súa especial sensibilidade coa nosa comarca”.
 
Así, Castiñeira e García salientaron, polo montante das partidas, os 18 millóns de euros que se destinarán ó novo hospital de Lugo, e os 19,6 millóns para o polígono empresarial de As Gándaras.

Tamén destacaron os máis de seis millóns que se van adicar ó programa de rehabilitación de núcleos rurais e cascos históricos co que se duplica a partida consignada polo bipartito para o presente exercicio; os preto de cinco millóns para a construcción de novas vivendas (nos orzamentos de 2009 adicábanse só a este concepto 2,1 millóns de euros para a construcción de vivendas protexidas en Garabolos) e os algo máis de 1,2 millóns para a creación de novo chan residencial.

Suliñaron asimesmo que “unha década despois da firma do denominado Plan Paradai”, o vindeiro ano, “por fin”, iniciarase a última fase para o que se consignou unha partida de 2,2 millóns de euros.

Os deputados populares tamén suliñaron que para o novo auditorio de Lugo haberá un millón de euros, máis de un millón de euros para a muralla e o seu entorno e 400.000 para o museo da romanización.