Partido Popular de Lugo

O PP informará, aos representantes comarcais, das enmendas que vai presentar ós orzamentos do Estado para 2010

Vilalba, a 19 de outubro de 2009.- Durante esta última quincena de outubro o Partido Popular fará unha valoración, comarca por comarca, dos orzamentos que o Estado prevé para a provincia de Lugo para o ano 2010. Os deputados populares, Joaquín García e Olga Iglesias, afirmaron que  “nin tan seguera podemos decir que sexan continuistas,  vemos como non se privan en reducir os investimentos, ou os prolongan en prazos polo que os retrasos serán mayores dos previstos. Outra característica deste documento é que carecen de proxectos novos”.

O Partido Popular de Lugo anunciou que aproveitará as reunións informativas  comarcais sobre os orzamentos do Estado para informar aos seus das enmendas que van a presentar ao documento para conseguir unha mellora dos orzamentos do Estado para Lugo. A de esta mañá en Vilalba foi a primeira dun calendario que continuará durante as próximas semanas.

Joaquín García Díez e Olga Iglesias Fontao subliñaron que tralo rexeitamento á enmenda a totalidade se preparou un documento coas enmendas de obras singularizadas propias para provincia así como outro documento para incrementar o orzamento de obras comprendidas dentro do Plan Galicia. A suma destas peticións para a provincia de Lugo é  de 70 millóns de euros.

Entre as obras que afectan  á vertebración da Terra Chá destacar os 10.000.000 euros que se reclaman para execución da autovía do Cantábrico así como incrementar en 1.500.000 euros a partida consignada  para o AVE do Cantábrico ao seu paso provincia.

Os populares amosaron o seu escepticismo sobre o final que corran esas suxestións aos ornamentos porque, segundo suliñaron, “nos últimos  anos foron rexeitadas todas as enmendas pese a que estas non eran  partidistas senón que buscaban mellorar as condicións de vida de todos os lucenses”.

Os deputados lucenses lamentan tamén que os Orzamentos de 2010 vaian encamiñados a arruinar aos galegos de clase media e baixa, xa que o Goberno de Zapatero está disposto a que sexa este segmento de población o que pague a factura da crise. “Para tentar superar a grave situación económica optan por incrementar a presión fiscal e gravar o consumo, cando todo o mundo sabe que a maiores impostos, menor consumo, menor crecemento empresarial, menos emprego, máis paro e, por tanto, máis crise”, explicaron.

ESQUECEMENTO DA MAIORÍA DOS MINISTERIOS.- Os deputados populares aínda que valoraron positivamente que nos orzamento de 2010 se destinen partidas importantes a obras que o Partido Popular leva reclamando dende hai anos, eso tamén confirma “unha vez máis” as mentiras que tiñeron que soportar os lucenses da anterior ministra de Fomento, quen prometía obras que só agora recibirán un empurrón.
Neste senso, suliñaron que “é negativo” que prácticamente a totalidade das inversións se concentren nos ministerios de Fomento
e Medio Ambiente, Medio Rural e Marino porque denota que “Lugo non existe para os demás ministerios”. Así, o Ministerio do Interior, por exemplo, non inclúe nin un só euro para obras na provincia cuando  hai numerosos cuarteis da Guarda Civil que se atopan en pésimas condicións.

Lembraron os populares que unha gran cantidade  do presupuestado para a provincia en anos anteriores non se chegou a executar, polo que “é necesario obrigar ao gobierno central a que adquira o compromiso de que se execute aa totalidad das partidas destinadas á  provincia lucense para este ano, “co fin de evitar os incumprimentos que veñen sendo unha constante nos últimos anos”.

LUGO, DISCRIMINADA.- Lugo, ademais, será a provincia de Galicia que menos fondos públicos estatais ingresará no 2010, xa que as cifras globais de inversións redúcense en comparanza coas demais provincias ó comprobar os cartos que presupostan entidades do sector público empresarial e fundacional como Adif, Renfe ou Correos, entre otras. Así, Lugo só recibirá 36,7 millóns de euros fronte ós 420,4 que van para A Coruña, os 334,3 que recibe Ourense e os 287,6 que obtén Pontevedra. (A Coruña e Pontevedra recibirán inversións millonarias para os portos exteriores de A Coruña e Ferrol e ampliación do de Vigo, e os tres aeropuertos; e en Ourense continuarán avanzando as obras del AVE).