Lugo, a 16 de outubro de 2009.- O GPPP asegurou, logo de ver a orde do día e os expedientes da Xunta de Goberno de hoxe, venres, que a parálise da Deputación é alarmante, porque non se inclúe ningún asunto que permita xenar ilusión á cidadanía.
O voceiro adxunto dos populares afirmou que as xuntas de goberno quedan reducidas case en exclusiva á aprobación de subvencións. A este respecto, José María González Barcia indicou que as subvencións do presente ano para obras veciñais aínda serán valoradas o vindeiro luns, “o que demostra que as cousas van lentas, pese a que dende antes do verán xa hai colectivos que coñecen a coantía da axuda que van recibir”. Unha circunstancia que, para o voceiro adxunto dos populares, amosa que “o clientelismo e o caciquismo están fondamente arraigados nos socialistas”.
Barcia aproveitou para afondar na parálise da Deputación lembrando que o pleno de setembro non levaba ningún punto de “producción propia”, e eso que a sesión anterior celebrárase en xullo.
Na opinión dos populares, o Presidente Gómez Besteiro, ó que non dubidan en calificar de “o home anuncio”, promocionase moi ben “á conta de todos os lucenses, pero non anuncia novos investimentos nin medidas para artellar e vertebrar a provincia”.
González Barcia tamén se referiu á publicación de anuncios a conta da Deputación, concretamente da áreaa de Cultura, pagados con cartos de todos os lucenses, convocando a unha manfiestación en Santiago, deberían ser pagados polo Bloque e máis concretamente por Antón Bao. “Eses cartos son de todos os lucenses, falen o que falen, e deberían ser investidos en mellorar a calidade de vida da provincia”.
Barcia indicou que esto demostra que PSOE e BNG usan as institucións para intereses partidistas e para enfrontalas entre si, co que a retahíla de “que son dialogantes” queda claramente en entredito.