Partido Popular de Lugo

Balseiro: “O Partido Socialista non é o máis indicado para dar leccións de ningunha clase”

Lugo, a 16 de outubro de 2009.- “O Partido Socialistas non é o máis indicado para dar leccións de ningunha clase”. Así de contundente se amosou o Secretario xeral do Partito Popular de Lugo José Manuel Balseiro á hora de valorar as declaracións realizadas onte polo secretario provincial dos socialistas lucenses Luis Angel Lago.

Balseiro fundamentou a súa afirmación aludindo “ó exemplo de Benidorm” e preguntouse “si na opinión dos socialistas as mocións de censura que se fan en Levante son diferentes ás de Galicia e, por conseguinte, non se recollen de igual xeito no pacto antitransfugismo”.
“O Sr. Lago Lage debería aclarar este punto”, engadiu.

No que atinxe ó caso concreto de O Courel, o secretario xeral dos populares lucense remitiuse e “reafirmouse” nas manifestación efectuadas o pasado mércores dende a dirección provincial. “As persoas que non pertencen a un partido son libres de facer o que consideren oportuno, precisamente porque non se atopan baixo a disciplina dese partido político”, explicou.

“Dolores Castro e o resto dos seus compañeiros, como ela mesma indicou e confirmou o popio partido, déronse de baixa no PP de Lugo antes de presentar a moción de censura, precisamente porque a dirección provincial negouse a respaldar a súa acción. Antepuxeron os intereses dos veciños de O Courel ós partidistas e esa opción, compartase ou non, é moi respetable”, apuntou.

No que respecta á moción de censura presentada no Concello de Láncara, tras puntualizar que os concelleiros de Tega non estaban afiliados a esta formación política, José Manuel Balseiro preguntouse qué diferencia hai entre o acordo que van acadar os concelleiros do PP e os que concurriron ás municipais baixo as siglas de Tega neste municipio cos que ten o PSOE co BNG ou con outras forzas políticas noutros concellos da provincia de Lugo. “Acordos que, por outra parte”, matizou Balseiro, “teñen como único obxectivo deixar fora do goberno local á lista máis votada, que precisamente é a do Partido Popular”.

“O 85 por cento dos concellos nos que o Partido Socialista goberna en Lugo faino nestas circunstancias. O PSOE, e especialmente o Sr. Lago Lage debería de aclarar se tamén considera tránsfugas a todos estos concelleiros”, engadiu José Manuel Balseiro.