Lugo, a 15 de outubro de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular mantén a súa posición sobre o traspaso dos hospitais provinciais: hai que velar polos intereses dos traballadores e dos pacientes dos dous centros hospitalarios, así coma polos da Deputación.
O voceiro adxunto dos populares na Deputación José María González Barcia trasmitiu este parecer na reunión celebrada esta mañá no pazo provincial para abordar precisamente o traspaso á Xunta dos centros hospitalarios de San José e San Rafael.
Barcia, quen transmitiu ós representes dos dous partidos que conforman o equipo de goberno provincial a súa sorpresa porque “precisamente agora e por primeira vez” o Partido Popular fora convocado a participar nunha xuntaza para abordar este asunto, explicou que o seu partido participará en cantas reunións sexan necesarias pero, ó mesmo tempo, advertiu que “non nos chamen para componendas extrañas”.
González Barcia tamén indicou que “confiamos” en que os acordos que se adopten coa Xunta sobre a transferencia dos hospitais sexan “tan condescendientes coma outros acadados coa Xunta bipartita”. O voceiro adxunto do GPPP fixo esta matización botando man do “feito constatado” de que dende o día 1 de xaneiro de 2005 a administración autonómica, “prácticamente todo o periodo de goberno da Xunta bipartita”, non pagou “nin un só euro” á Deputación para cubrir os gastos derivados da asistencia dos pacientes do hospital San Rafael durante ese tempo.