Lugo, a 9 de outubro de 2009.- O Presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijoo foi o encargado de abrir hoxe de xeito simbólico a porta de Bispo Aguirre da muralla de Lugo. Un acto integrado no programa da festas de San Froilán e que foi seguido por un numeroso público.
Feijoo, que foi presentado polo Presidente do Partido Popular lucense José Manuel Barreiro e estivo en todo momento acompañado polo rexidor local José López Orozco entre outras autoridades, agradeceu no seu discurso que o convidaran a participar nas festas de San Froilán e ensalzou a importancia da muralla de Lugo.