Partido Popular de Lugo

0 PP lucense celebra o San Froilán cunha multitudinaria pulpada

Lugo, a 9 de outubro de 2009.- O Partido Popular de Lugo reuniu hoxe nunha carpa instalada no aparcadoiro do pazo provincial dos deportes a 1.500 afiliados procedentes de toda a provincia na súa tradicional pulpada de San Froilán. O encontro foi presidido polo Presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijoo, quen durante a súa intervención referiuse o importante cambio do que está a ser obxecto Galicia dende que o Partido Popular asumiu a dirección da Xunta de Galicia. Segundo dixo, a victoria nas pasadas eleccións autonómicas foi o primeiro paso para lograr gañar tamén as próximas municipais e recuperar a Deputación de Lugo. «Nos descansaremos», asegurou, «ata que José Manuel Barreiro sexa Presidente da Deputación».

Barreiro, pola súa banda, agradeceu a participación masiva da militancia no encontro, que convertiuse no máis multitudinario de todos os celebrados ata o momento, e sobre todo o seu traballo para que o PP lograra os bos resultados acadados nas últimas citas electorais.

Entre os asistentes, ademais da meirande parte dos alcaldes e voceiros populares da provincia, atopábanse tamén, entre outros destacados cargos institucionais e políticos, o conselleiro de Medio Rural Samuel Juárez, a delegada territorial da Xunta en Lugo Raquel Arias e o voceiro do Grupo Parlamentario Popular Manuel Ruiz Rivas.