Partido Popular de Lugo

EDUCACIÓN DESTINA 54.700 EUROS PARA O PLAN DE MELLORA DE TRECE BIBLIOTECAS ESCOLARES DA MARIÑA

A Mariña, 07 de outubro de 2009.- A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria está a desenvolver o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade pública, para o curso 2009/2010. Segundo explica a deputada popular Emma Álvarez Chao esta axuda permitirá a un total de 13 bibliotecas mariñás mellorar a súa dotación e promover actividades de dinamización. A Administración educativa inviste un total de 54.700 euros nesta acción destinada a varios centros educativos da nosa comarca.

No Diario Oficial de Galicia aparece publicada a relación de centros beneficiarios entre as que  cabe salientar os seguintes concellos da Mariña lucense:

Centros participantes no plan de  mellora de Bibliotecas Escolares
no 2005,2006 e 2007:

CEIP do Castro de Ouro Alfoz  ——— 600 €
CEIP Vista Alegre Burela  ————— 1.400 €
CEIP de Cervo Cervo  ——————– 1.400 €
IES de Foz Foz — ————————— 1.500 €
María Sarmiento Viveiro  —————– 1.200 €
 

Centros participantes no plan de mellora da  Bibliotecas Escolares 
no 2008:
 

IES Monte Castelo Burela  ———  4.300 €
CEIP de Covas Viveiro  ————-  4.000 €
 

Centros que se integran no Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2009/2010
 

CEIP Virxe do Carme Burela  ———  6.800 €
IES Perdouro Burela  ——————— 6.800 €
CEIP O Cantel Foz  ———————– 6.300 €
IES San Rosendo Mondoñedo  ——— 6.800 €
CEIP Antonio Pedrosa Latas Viveiro  — 6.300 €
IES Vilar Ponte Viveiro  ——————- 7.300 €

ORGANIZAR, ACTUALIZAR E DINAMIZAR A BIBLIOTECA ESCOLAR.- O Plan de mellora de bibliotecas escolares que se desenvolverá durante este curso ten como obxectivo incentivar a organización, actualización e dinamización da biblioteca escolar. Ademais Educación continúa coa liña de axudas a aqueles centros xa integrados no programa en anos anteriores que, segundo un seguimento realizado pola Consellería, están a realizar un traballo coherente e axustado aos compromisos adquiridos, camiñando cara á consolidación destes recursos educativos ao servizo das súas respectivas comunidades escolares. 

A BIBLIOTECA UN ESPAZO MÁIS PARA O ENSINO  APRENDIZAXE.- O plan pretende incentivar e impulsar a elaboración e posta en marcha de proxectos de biblioteca para que sexan un espazo máis na tarefa do ensino aprendizaxe; ademais pretende financiar a realización de actividades de formación dos usuarios e educación documental; o papel da biblioteca na elaboración e desenvolvemento do proxecto lector do centro; o fomento da lectura; a compensación das desigualdades sociais; e a dinamización cultural na comunidade escolar.

SOCIEDADE DA INFORMACIÓN.- A Lei Orgánica de Educación fai referencia á necesidade de prestar unha atención prioritaria ao conxunto de factores que favorecen a calidade da ensinanzas, como a dotación de recursos educativos, o fomento da lectura e o uso de bibliotecas. A Administración educativa é consciente de que a biblioteca serve de canle para a integración nos centros educativos das tecnoloxías da comunicación e ofrece a posibilidade dun acceso igualitario.

Este espazo constitúe un recurso imprescindible para a formación do alumnado na actual sociedade da información que demanda cidadáns dotados de destrezas para a consulta eficaz das fontes, a selección crítica das informacións e a construción autónoma do coñecemento.