Madrid, a 6 de outubro de 2009.- O senador e voceiro de economía do Grupo popular na Cámara Alta José Manuel Barreiro participa mañá en Madrid como ponente nunha xornada organizada polo Partido Popular para analizar os Presupostos Xerais do Estado para o ano 2010.
O acto, que se desenvolverá na sede do Partido Popular nacional, na rúa Génova, principará ás 11 horas coas intervencións de Mariano Rajoy, Cristóbal Montoro e Anta Mato.
Despois desenvolveranse dous paneis de disertación, un sobre políticas de ingreso e outro sobre políticas de gasto. Nesta última, Barreiro disertará sobre política de impulso á modernización da economía, I+D+I, enerxía e medioambiente.