Partido Popular de Lugo

Os populares lucenses celebrarán o vindeiro 31 de outubro o seu XV Congreso

Lugo, a 14 de setembro de 2009.- O XV Congreso ordinario do Partido Popular de Lugo celebrarase o vindeiro 31 de outubro, segundo acordou hoxe a Xunta directiva provincial.

No encontro, nomeouse tamén a comisión organizadora que se encargará de impulsar, coordinar e dirixir todos os aspectos organizativos do Congreso.

A partir de hoxe, quenes opten á Presidencia terán un prazo de 7 días (ata o 21 de setembro) para presentar a súa candidatura, que deberá contar co aval de 75 afiliados. No suposto de que se presentasen dúas ou máis candidaturas, a Comisión Organizadora proclamará ós aspirantes nun prazo de 48 horas, convocando a campaña electoral interna por un prazo de alomenos 10 días, polo que ésta rematará o día 6 de outubro.

O Pleno do congreso, que se celebrará o auditorio Gustavo Freire, estará conformado por 775 persoas, entre compromisarios (600), que se elexirán nas diferentes agrupacións locais en función da afiliación e os resultados acadados nas últimas eleccións autonómicas; membros natos (145), que son os integrantes da xunta directiva provincial e da comisión organizadora do Congreso, e representantes de Novas Xeracións (30).