Partido Popular de Lugo

O GPPP critica que Besteiro se adique a inaugurar obras de “a doce mil euros”

Lugo, 21 de setembro de 2009.- O GPPP acusou hoxe ó PSOE e a Goméz Besteiro de “inaugurar obras de a doce mil euros cada unha polos concellos da provincia co único fin de exhibirse e darse autopropaganda”. Os populares lembran que esa liña de subvencións fora incluso levada ós tribunais polos socialistas, que agora úsana para pagar favores políticos a persoas afíns ós socialistas.

 

O voceiro adxunto do GPPP, José María González Barcia,  considera que Besteiro tén que facer menos anuncios e traballar máis, así  como pasar algo máis de tempo na Deputación. “Ainda que,  claro, indicou Barcia, eso é mui difícil:  pedirlle traballo a quen non foi capaz de sacar adiante o PXOM da cidade de Lugo en  nove anos, é pedir un  imposible, e pedirlle presencia na Deputación a unha persoa que é concelleiro en Lugo, secretario local do PSOE e home-anuncio, atopa como resultado que Besteiro adica o  pouco tempo que lle queda das anteriores actividades a estar no seu despacho e exercer de Presidente da Deputación para todos os lucenses”.

 

González Barcia considera que “é triste que un presidente da Deputación teña que recurrir a inauguracións de obras de a doce mil euros para facerse autobombo, e non  produce máis ca vergoña allea. Case sale máis caro  o desprazamento de Besteiro e todo o séquito que vai con el cas mesmas obras que inaugura”.

 

Ademais, o portavoz adxunto do GPPP lembrou que as obras de comunidades veciñais para o presente exercicio ainda están sen resolver e explicou por que: “Antonio Gato está mans na masa na cociña para tentar casar todolos potingues e que non se desvíe ningunha subvención a persoas que non  sexan afíns ós socialistas, e vese que lle está adicando tempo”.

 

Finalmente, Barcia indicou que “ó bigoberno provincial acábanselle as ideas, porque é mal síntoma que volvan  a falar de transferencias de carreteras ós concellos. Os concellos non son tontos, e xa solicitarán a transferencia cando lles interese, como o proba que no que vai de mandato só foran dúas transferencias das indicadas ó pleno da Deputación.