Partido Popular de Lugo

O PARLAMENTO APROBA, A PARTIR DUNHA INICIATIVA DO PPDEGALICIA, A SOLICITUD DUNHA VIA DE ALTAS PRESTACIÓNS ENTRE PONTEVEDRA E LUGO

Santiago , 16 de setembro de 2009.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe na reunión da Comisión de Ordenación Territorial, a partir dunha iniciativa do PPdeG que foi consensuada cos grupos da oposición, que a Xunta de Galicia se dirixa ao Ministerio de Fomento para que inicie os estudos previos co fin de que se acometa a construción dunha Vía de Altas Prestacións entre Pontevedra e Lugo, comunicando as comarcas de Pontevedra, Tabeirós-Montes e Deza, enlazando coa autovía Santiago-Lugo.Tamén  se aprobou a inclusión desta vía na revisión do PEIT do Ministerio de Fomento. Outro dos puntos da iniciativa aprobada insta á Xunta de Galicia a estudar a posibilidade de melloras na PO-534 que une Folgoso con Lalín.

Para o voceiro de Infraestruturas do PPdeG, Gómez Alonso, esta demanda social basease na certeza de que ese “eixe agrario galego, como algúns o chegaron a denominar”, serviría de eixe vertebrador da Galicia interior, conectando de forma natural zonas de gran potencial turístico, empresarial, agropecuario e social. Así indicou que sería de importancia capital para unir A Mariña de Lugo, a área metropolitana lucense, as comarcas de A Terra Chá, A Ulloa, Deza, Tabeirós e Terra de Montes con Pontevedra, as Rías Baixas e a área metropolitana de Vigo. 

Ao mesmo tempo, segundo o deputado popular, multiplicaría a conectividade das autovías e das estradas da Rede Galega e da Provincial e potenciaría a vella conexión de Vigo con Lugo, que usaban os portugueses e que cubrían rutas de autobuses.

Segundo  Gómez Alonso a conexión actual das comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes, na zona norte de Pontevedra e cunha poboación de 90.000 habitantes, coa capital de Pontevedra é moi deficiente, de xeito que os veciños tardan vinte minutos ou menos en chegar á provincia de A Coruña (Santiago de Compostela) e, pola contra, máis de hora e media en facelo  a Pontevedra.

Estas carencias de comunicación das comarcas no norte coa capital provocan que os veciños e residentes estean mais volcados ás areas sociais e de mercado de Santiago ou de Ourense que da propia capital. Por elo, Gómez Alonso indica que a construción dunha autovía ou corredor central de Galicia, dende Ribadeo a Pontevedra pasando por Meira, Lugo, Guntín, Monterroso e Antas de Ulla (en Lugo) e por Agolada (N-640), Lalín, Silleda, Forcarei, Cerdedo, Cotobade e Pontevedra (N-541) é unha necesaria e vella reivindicación de diversos sectores sociais e económicos do país.