Partido Popular de Lugo

O GPPP afirma que o PSOE é o exemplo do despilfarro e da insolidariedade

Lugo, 16 de setembro de 2009.- O GPPP afirmou hoxe que os socialistas non poden dar leccións de nada que teña que ver coa xusticia social porque son o máis vivo exemplo do despilfarro e da insolidariedade. Coas axudas para libros de texto postas en marcha pola Xunta, son precisamente as familias con menos ingresos as que teñen dereito ás axudas máis altas, contra o criterio socialista de darlle o mesmo á familia que ingresa mil euros mensuais ca que ingresa tres mil. Por eso, os socialistas deberían explicar que pretenden con eso, a non ser que haxa moitos socialistas que ganan tres mil euros ós mes.

Os populares aseguran que as axudas para libros da Xunta do PP son máis xustas e amplas cas aplicadas co bipartito, porque “a aportación máxima da Xunta cubre todos os libros, incluidos os cadernos de traballo, que estaban excluidos durante o bipartito e polo tanto tiñan que ser abonados polas familias; ademais, os cálculos que anuncian os socialistas están errados deliberadamente con mala fé para confundir ós cidadáns”.

Por outra banda, os populares lembran que as axudas para familias monoparentais e para alumnos de Educación Especial antes non existían como tales, e agora están perfectamente definidas, cousa que esquece deliberadamente o PSOE. O GPPP asegura que a política de gratuidade solidaria posta en marcha pola Xunta é a que xenera auténtica solidariedade nos tempos de crise que vivimos, crise da que é responsable Zapatero e o PSOE, que  xenera paro e situación familiares impensables hai anos.