Lugo, a 6 de setembro de 2009.- O Grupo Provincial Popular denunciou a existencia de deficiencias no servicio dos catamaráns, a pesar de que este servicio debería ser “emblemático” dentro da estructura de promoción turística provincial.
O voceiro adxunto dos populares, José María González Barcia, indicou que constatou, “personalmente e en Doade”, que as tripulacións non están uniformadas, a pesares de que contan con roupa a tal efecto polo que, na súa opinión, “a presencia das tripulacións non é máis axeitada para reafirmar a imaxe do servicio dos catamaráns”.
González Barcia tamén indicou que os cascos dos barcos están sucios. “Por exemplo, a popa do ‘Mencía’ tén un tono verdosos que non é precisamente o blanco orixinal, e na obra viva do Pelegrín de Doade tamén se nota un tono verde máis propio da acumulación de limo”.
Polo tanto, segundo Barcia, “non se está a facer unha labor seria dende a área de Turismo, e Vega Buján debe tomar cartas no asunto”.
Ademais, o voceiro adxunto dos populares asegurou que aínda non se sabe nada dos horarios que rexirán nos catamaráns pasado o mes de setembro. Cuestión, segundo Barcia, que “debería estar xa resolta, porque un servicio de este tipo non pode improvisarse, como aconteceu co Pelegrín de Lugo, ou coas contratacións das tripulacións para esta temporada estival”.
Os populares consideran que “esta falta de atención” estase dilapidando en boa parte todo un traballo serio e riguroso da etapa anterior, aínda que, segundo recoñecen, “mellorable, coma todo na vida, pero que sen dúbida axudou a potenciar a zona sur da provincia”. Por eso, o GPPP pide máis adicación e esforzo para que estas situacións se corrixan.