Lugo, a 5 de setembro de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular indicou que, segundo o expediente de validación de facturas do presente exercicio que onte recibiu luz verde da Xunta de Goberno, a Deputación non renovou o contrato de mantemento da sala de caldeiras e instalacións de gas da Residencia Miño.
Eso é o que se desprende, segundo José María González Barcia, dos informes que acompañan a dúas facturas, por importe de 814’32€, emitidas pola mesma empresa e correspondentes ós pasados meses de maio e xuño. Neses informes, asinados polo xefe de servicio correspondente, dise literalmente que “… se incumpliu o procedemento xurídico administrativo…” para a formalización do correspondente contrato.
Nese mesmo expediente de validación de facturas, cun importe total de 152.285,40 euros, figura outra por importe de 24.745’39€ correspondente a obras de remodelación en dependencias interiores do Pazo Provincial, non previstas nos proxectos iniciais e que se consideran de carácter sobrevenido. “O chocante”, segundo Barcia, “é que hai unha certificación de adecuación da factura ó traballo realizado por un arquitecto externo á Deputación, que é o mesmo que certificou todas as obras de remodelación interior do Pazo Provincial. Estase a esquecer unha vez máis que a Deputación conta con profesionais suficientemente cualificados para facer tal traballo, polo que parece absurdo pagarlle a unha persoa externa da que, claro está, tampouco poñemos en dubida a súa cualificación”.
O voceiro adxunto do GPPP tamén indicou que neste expediente inclúese unha factura de 56.302’20€ abonada a unha empresa por obras de mantemento da rede viaria provincial nunha zona do sur da provincia. Pero no informe do xefe de servicio correspondente queda perfectamente claro que “….o contrato quedou extinguido o 28/10/08 e hasta o 04/05/09 non se formalizou o novo contrato…”. Esa factura corresponde ós prácticamente seis meses que median entre unha data e a outra, tempo no que non existía ningún tipo de contrato para a realización de obras de mantemento da rede viaria provincial.
Por eso, segundo Barcia, enténdense as críticas de certos alcaldes da zona de sur, prácticamente todos do PSOE, ante a situación creada polas intensas nevaradas do pasado inverno.
O voceiro adxunto do GPPP fai mención tamén ós servicios relixiosos no Hospital San Rafael, xa que abónase unha factura, correspondente ó primeiro trimestre de 2009, pero no informe do responsable faise constar que “… se descoñecen as causas polas que non existe contrato”.
Para os populares a conclusión que se saca de todo esto é que na Deputación de Lugo hai un “verdadeiro desastre organizativo”.