Lugo, a 6 de agosto de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular non dubidou en calificar como “ocultista e interesada” a, ó seu entender, “exigua e incompleta” documentación entregada pola Deputación de Lugo sobre a Residencia Miño.
Indican os populares que, ademais de entregar a documentación con moito retraso (foi requerida por escrito o 12 de xuño e Gómez Besteiro comprometérase no pleno do pasado día 28 de xullo a facerlla chegar o día seguinte sen que esa promesa se cumplira ata hoxe), ésta é “premeditadamente” incompleta.
Así, a documentación facilitada pola Administración provincial limítase a un informe da Policía local do 7 de xuño no que se dá conta do incendio producido no inmoble, dos danos ocasionados polas lapas, e se constata que, como mínimo, esa foi a terceira ocasión na que os bombeiros tiveron que intervir para sofocar un incendio do que, segundo salientan, había claros indicios de que foran provocados.
No informe policial tamén se fai constar que, en función dos útiles econtrados nas instalacións, éstas eran empregadas de xeito habitual por diversas persoas para pernoctar e alértase do perigo que supón para o propio edificio e para a zona colindante que non se adopten medidas para evitar a entrada das mesmas. Recoméndase, de feito, que coa maior brevedade posible se proceda a tapiar os posibles accesos.
Para o GPPP que a documentación entregada se reduza a un acta da Policía local refrenda a súa sospeita de que Gómez Besteiro tenta esquivar a súa responsabilidade sobre este asunto, precisamente pola súa deixadez nas súas funcións de Presidente.
Suliñan os populares que solicitaron copia de todos e cada un dos informes, xunto coa documentación complementaria dos mesmos, denuncias na comisaría de policía e restante documentación vinculada coa posible presencia de persoas extranas na Residencia Miño, co deterioro das súas instalacións, roubo do seu mobiliario e equipamento, etc. A documentación entregada é, por tanto, ó seu entender, “interesadamente reducida”.
Dende o GPPP pregúntanse a razón pola que José Ramón Gómez Besteiro non lles facilitou copia dos informes internos (un de xaneiro e outro de febreiro deste ano) nos que se advertía da situación na que se atopan estas dependencias de propiedade provincial e incluso das denuncias presentadas pola propia Deputación e doutros informes dos corpos de seguridade que tiveron que intervir en varias ocasións.
Na opinión dos populares “a censura” decretada polo responsable provincial sobre este asunto demostra que “non ten a conciencia tranquila”.