Partido Popular de Lugo

O GPPP afirma que a palabra de Gómez Besteiro non vale nada

Lugo, a 31 de xullo de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular asegura que a palabra do Presidente da Deputación “non vale nada”. Os populares argumentan a súa aseveración no feito de que, pese o compromiso adquirido por Gómez Besteiro durante a celebración do último pleno provincial, a documentación sobre a Residencia Miño solicitada polo escrito o pasado día 12 de xuño aínda non lles foi facilitada.

“Non é nada novo, senón xa unha seña de identidade do seu xeito de gobernar. Incumpliu a súa palabra sobre as datas de apertura dos parques de bombeiros e incluso sobre a aprobación do novo regulamento da Deputación, que asumiu como compromiso persoal pero que leva máis dun ano de retraso”, asegurou o voceiro adxunto dos populares José María Gónzález Barcia.

En consecuencia, para o GPPP a falta de rigor e de seriedade do máximo responsable da administración provincial é unha constante do que este asunto é só un exemplo. “No pleno de xuño negouse a respostar á pregunta formulada polo noso grupo sobre o acontecido durante o último ano na Residencia Miño amparándose en que precisaba un informe técnico, pese a saber que xa lle foran remitidos un par deles no que precisamente se alertaba do que estaba acontecer neste inmoble e ós que tamén eludiu facer referencia durante as explicacións que deu no pleno do pasado martes que resultaron, por tanto, sesgadas e incompletas”, asegurou Gónzalez Barcia.

Dende o GPPP seguen convencidos de que Gómez Besteiro afánase inútilmente en tentar ocultar as súas actuación porque sabe que neste asunto hai unha perda patrimonial de medio millón de euros, só achacable á súa desidia como Presidente, co agravante de que éste non é un caso aillado porque tamén é alarmante o acontecido co complexo de Augasmestas.

Neste senso dende o PP insisten en que a perda patrimonial da Deputación que está a permitir o Presidente pode conlevar consecuencias graves ó incurrir en responsabilidades por neglixencia no cumplimento das súas funcións, que poderían incluso ser susceptibles da presentación dunha reclamación coa conseguinte petición de indemnizacións.